3ª Galicia: O Corcubión é novo equipo da Liga da Costa
Emulando o equipo branquiazul do norte, o Corcubión volve á 2ª! Os de Nito no fallaron ante un Zas que tiña que esperar as derrotas de Lira e Cerqueda para ter opcións de meterse na promoción, e volven así, unha temporada despois, á Liga da Costa, acompañando ao campión, o Xallas.
A PROMOCIÓN
O Lira tampouco fallaba en Cee ante o Ameixenda, e se mete no playoff de ascenso, unha verdadeira alegría para a parroquia liracha.
Así, a Lira (6º) enfrontarase ao Sofán B (3º), mentres que Oza (5º) e Soneira (4º) o farán na outra eliminatoria. Será unha eliminatoria a doble partido que comeza a fin de semana que vén, con partido de ida na casa do peor clasificado, e os dous que a superen serán novos equipos da Liga da Costa.
Corcubión - Zas (2-1)
- Corcubión: Bruno, Martín, Fuentes, Antu, Isaac, Gorka, Víctor, Luis, César, Iago e Rama. Tamén Goche, Alán, Nando e Díaz.
- Zas: pereiras, Anxo, Juan Touriñán, Darío, Raúl Corzón, Rubén Forján, Andrés, Dani Mato, Ronny, Brais Espasandín e Javi Suárez. Tamén: Rodrigo, Eloy Moreira, Adrián Rama, Álvaro e Iván.
- Goles: 1-0, m.45: César Lojo; 1-1 m.55: Javi Suárez; 21, m.79: Juan Fuentes.
Xogábase o Corcubión o ascenso directo no último partido da tempada diante do seu público que tinguiu as gradas de blanquiazul. En fronte, un Zas que dependía dun milagro en Cee no partido do Ameixenda-Lira e que nunca lle perdeu a cara o partido, que competiu e que quizá merecía máis esta tempada. Empezaba o equipo local moi nervioso, sin chegar a conectar cos dianteiros e sufrindo moito atrás, ante un Zas moi ben ordenado, anulando os potentes puntas locais e sacando algunhas boas contras.
O partido foi moi tenso e desputado, pero sen excesivas ocasións claras na primeira metade. A máis clara, nun penalti para o Zas que Javi Suárez non aproveitaría ó lanzar o balón á cepa do poste. Xusto na última da primeira, unha boa combinación entre Victor e César supondría o primer gol da tarde.
Tralo paso por vestiarios, os locais saíron movendo o balón e creando perigo ás costas da defensa visitante. Pero cando mellor estaban, o Zas cunha falta de Javi Suárez, de falta directa faría o empate. Aí ó Corcubión volveu a chegarlle a presión, que se acentuaba co paso dos minutos. A 10 do final, unha internada de César por banda acabaría en penalti, que non perdonou Juan Fuentes, o protagonista deste final de tempada blanquiazul. Co 2-1 os locales replegaronse, aguantaron o resultado e celebraron o ascenso de novo á Liga da Costa.
Ameixenda - Lira (0-5)
- Ameixenda: Costa, Dani, Cristian, Rois (Juan Lagoa), Barreiro, Torices, Óscar (Raúl), Alex (Manuel), Santi (Pikita), David e Canosa.
- Lira: Raúl, Isaac Maceiras, César, Cartamil, Amoedo, Aron, Ángel Vigo, Ángel Sestayo, Christian, JUan, Palo Les e Oli. Tamén: Alexis Cambeiro, Miguel, Marcos, Alexis Lago.
- Goles: 0-1, m.6: Pablo Leis; 0-2,m.14: Pablo Leis; 0-3, m.23: Ángel Vigo; 0-4, m.28: Pablo Leis; 0-5, m.42: Jua.
Pouco que contar, dun partido claro, que o Lira xa sentenciaba moi pronto, e indo 5-0 ao descanso. A segunda sobraba, ninquén quería exporse a sufrir un golpe innecesario e así foi pasando o tempo sen máis.
Cerqueda - Malpica (2-1)
- Goles: 1-0, m.60: Palermo degran cabezazo; 2-0, m.76: Joel; 2-1, m.82: Alberto Hombre.
Derbi no que os dous rivais se xogaban quedar arriba un de outo na táboa, tendo en conta que o Lira non ía fallar en Cee. E houbo tensión a pesar da pouca importancia. O Cerqueda estivo mellor na primeira, e se adiantaba cos tantos de Palermo e Joel. O Malpica tirou de orgullo no último treito, e veise arriba, recurtou pero non foi quen de empaar.
Foi o último partido de Emilio Uzal no banco cerquedán.
Oza - Soneira (4-3)
- Goles: 0-1, m.28: Javi Lavandeira, 0-2, m.40: Nando de Vera; 0-3, m.41: Gabri; 1-3, m.55: Hugo Fraga; 2-3, m.74: Nacho; 3-3, m.77: Abib; 4-3, m.78: Nacho.
Non quixeron mostrar as súas cartas ningún dos dous equipos na que se convirte en precuela do choque da promoción. Non había nada en xogo polo tampouco houbo tensión. Meteuse 0-3 na primeira o Soneira pero na segunda, o Oza remontou.
Outros resultados
Houbo varios partidos sen nada en xogo, como a vitoria do Nanton, por 4-1 a un Laxe que se presentaba con 8 xogadores nas Fontiñas. Os goles de Javi Muíño (2), David e Iván Moreira superaban ao de Bieito.
Tamén venceu con claridade o Xallas ante o Pereiriña. Tras unha primeira metade de dominio sen ocasións moi claras, ademais dun penalti que Isma lle parou a Sergio Barbeira. Pero na segunda, non estiveron tan espesos os de Doriño e Churián, gracias ao mando de Manu Cuns, e marcando, agora si, Sergio Barbeira, Rubén Blanco e García.
Houbo tamén derbi en Malpica, entre o Seaia e o Buño, sen tensión e moito máis amigable, que remataba con 1-2 para os de David Castro ante os de Dani Calvete, dous amigos dentro e fóra do campo.
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.29 O Corcubión e o Lira, favoritos para a última xornada.
- X.28: O Corcubión rompe a imbatibilidade do Xallas e se pon de favorito para o ascenso.
- X.27: Sofán B, Corcubión e Soneira poderían rematar a liga nun triple empate.
- X.26: Sofán B e Soneira loitan polo ascenso directo e Lira e Cerqueda pola promoción.
- X.25: Dúas loitas moi vivas.
- X.24: O Xallas sentencia o ascenso directo.
- X.23: Sofán B e Soneira manteñen a loita viva polo ascenso directo.
- X.22: O Zas frea ao Soneira e presenta a súa candidatura á promoción.
- X.21: Dúas batallas moi abertas.
- X.19: O Xallas tamén supera a proba do Sofán B e o Soneira xa se coloca 2º.
- X.18: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés.
- X.17: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas.
- X.16: O Soneira pega na mesa.
- X.15: Rematou a primeira volta da mellor 3ª en anos.
- X.14: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota.
- X.13: Doble empate nos partidos da xornada.
- X.12: O choque da primeira volta acabou nun partido de waterpolo.
- X.11: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo.
- X.10: 3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas.
- X.9 Escapa o Xallas.
- X.8: O Xallas frea ao Malpica.
- X.7: Xallas e Malpica desmárcanse.
- X.6: Este Malpica vai en serio.
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.