mércores. 15.01.2025
El tiempo

QPC organiza dous Partidos Solidarios dos Combinados da Costa por Simón e Marco

Partido solidario QPC FEM copia
QPC organiza dous Partidos Solidarios dos Combinados da Costa por Simón e Marco

O 2025 comeza en clave de solidariedade no Fútbol da Costa. O diario Quepasanacosta organiza dous Partidos Solidarios dos Combinados do Fútbol da Costa - QPC, tanto do masculino como do feminino. Os campos do Conco (Dumbría) e Xaviña (Buño, Malpica) acollerán sendos partidos amistoso para recadar fondos para dúas asociacións que axudan a dous cativos da comarca: Simón Pazos Gómez, un neno de Cee cunha enfermidade rara por alteración do xen MED13; e Marco García Lema, rapaz de Cerqueda cunha enfermidade metabólica rara.

Os cartos serán para as entidades que máis axudan a ambas familias: Asociación Paseniño e a Asociación ASFEGA.

Estes días compartiremos as convocatorias que realizan os adestradores dos Combinados QPC, que parten da Gala do Fútbol da Costa 203/2024. Os adestradores son:

  • Miguel Chouza, escollido Mellor Adestrador Masc, xunto con Chiki e Bibi, para o Combinado Masculino.
  • Rubén Souto, escollido Mellor Adestrador FUTFFEM, xunto con Fran Figueroa, para o Combinado FEM.

FILA 0

Por petición popular achegamos a Fila 0 para os partidos solidarios QPC : 

  • Partido do Combinado FEM co saque de honra de Marco García Lema en Xaviña, en favor da ASFEGA
    ES46 2080 0300 8530 4012 0322.
    Concepto: Partido Solidario QPC + número de móbil.
  • Partido do Combinado MASC co saque de honra de Simón Pazos Gómez no Conco, en favor da Asociación Paseniño:
    ES45 2080 0022 0530 4003 4273
    Concepto: Partido Solidario QPC + número de móbil.

Partido do Combinado MASC

PARTIDO SOLIDARIO MASC QPC copia

  • Combinado da Costa-QPC MASC - SD Sofán.
  • Venres 3 de xaneiro de 2025: 18:00h no Campo do Conco, Dumbría.

Recadación de fondos para a Asociación Paseniño, e saque de honra realizado por Simón Pazos Gómez, un dos dous casos de toda España coa enfermidade rara por alteración do xen MED13.

Organiza Quepasanacosta, e colabora o Concello de Dumbría, o CF Dumbría e RFGF. Agradecemento ás SD Sofán por animarse á participar.

Partido do Combinado FEM

  • Combinado da Costa-QPC FEM - Victoria CF.
  • Sábado 4 de xaneiro de 2025 (18:00h no Campo de Xaviña, Buño)

Recadación de fondos para a Asociación ASFEGA, e saque de honra realizado por Marco García Lema, neno de Cerqueda, paciente dunha enfermidade metabólica rara.

Organiza Quepasanacosta, e colabora o Concello de Malpica, a UD Cerqueda e RFGF. Agradecimento ao Victoria por animarse a participar.

De previa, ás 16:00h, no CAT de Buño, encontro moderado pola xornalista Laura Rodríguez, de @mareandoxogo, entre as xogadoras do Fútbol base da Costa con Elena Vázquez, a internacional carballesa do RC Deportivo, e con María Bardanca, historia viva do fútbol galego.

Novas relacionadas

Comentarios