Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#QPCtv emite o domingo o Mazaricos-Baio

Cartela Mazaricos-Baio
#QPCtv emite o domingo o Mazaricos-Baio

Trala histórica retransmisión do Corme-Soneira, a tele da Costa continúa a súa singradura arredor do #FútboldaCosta na Pedra de Ouro. O estadio do Pino do Val será o escenario para a segunda emisión de qpctv.gal, co partido da 2ª xornada da 1ª Galicia Gr.2B entre Mazaricos e Baio, este domingo 24 de outubro ás 12:00h. Desta volta contamos coa colaboración concreta de Comercial Agrícola Miky.

A partir das 11:40h conectaremos dende o campo mazaricán para facer en directo este novo derbi da miniLigadaCosta.

Plataforma de pago

Este partido volverá ser emitido en aberto para que vexades o formato de emisión. A partir da vindeira semana, estrearemos a nova plataforma de pago, e poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte e vos suscribades.

Gracias aos nosos colaboradores principais:

 

Pinchar para ver o Mazaricos-Baio en directo

 

Ver partido entre Corme e Soneira.

Máis novas sobre QPCtv

Comentarios