Que mágoa non ser omnipresente
08:35 09/06/17
Contra o que ten sucedido nalgunha edición, as semifinais copeiras coincidirán en día e hora, o que repercutirá negativamente no que doutro xeito terían sido seguramente dúas entradas notables
O San Lorenzo pode ser equipo de 1ª esta semana- Foto: SD Ponteceso
O seareiro neutral vai poder disfrutar só da metade das emocións que brindan as semifinais da Copa da Costa. Contra o que sucedía hai uns anos, os dous encontros comezarán á mesma hora e imposibilitará ter unha visión global do que xa a estas alturas é a gran festa do balompé da zona. Tamén repercutirá negativamente no que doutro xeito poderían ser entradas notables tanto no Pinguel como en Ara Solis.
En ambos encontros haberá categorías de por medio. Por exemplo, entre Ponteceso e Dumbría haberá dúas a vindeira tempada. E aínda así tampouco semella un pronóstico clarísimo. Os de Barca teñen rematado o curso a nivel Top, mentres que o campión de Primeira xa o pasou mal na rolda anterior ante un Malpica que só bicou a lona polo valor dobre dos goles en feudo rival. De cara ao domingo están tocados, pero parece que chegarán, tanto Mara como Charro. O mediapunta arrastra unha tendinitis, mentres que o atacante aínda non recuperou do todo dunha contractura. Pola súa banda, un Dumbría coas forzas algo xustas ten tamén con problemas físicos a Rivi e Adrián, que tentarán chegar.
O enfrontamento dos equipos de verde debuxa un duelo case inédito entre Fisterra e Baíñas. Un clásico contra un que está a facer historia. Piti, que levou un golpe en Camariñas hai unha semana, espera poder estar a disposición de Nacho, que seguro que sorprenderá cun once case imposible de acertar cada semana. Nos vimianceses Tasky non poderá alinear a Eloy, expulsado en Baio, nin a Canay, mancado. Ademais, o punta David Blanco, de viaxe por vacacións, aínda non se sabe se chegará a tempo á Vila do Cristo.
Fóra da Copa o San Lorenzo ten, na casa, unha cita coa historia. De vencer ante o Praíña (1-1 no partido inaugural da fase) será novo conxunto de Primeira Galega. Cos de Óscar Suárez tifará o Coristanco, que pode salvar a categoría por segundo ano consecutivo un mes despois de rematar a temporada gracias ao ascenso dun veciño. O ano pasado foi gracias ao Zas, este ano toca vestir camisola vermella.
Copa da Costa, Ida de semifinais
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 4
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
O Xallas pasou directamente á final sen necesidade de xogar a volta ante o Calasanz B unha vez que o equipo A do cadr herculino descendía impedindo calquera posibilidade de ascenso do B. Tócalle ao equipo de Dani Calvete esperar rival ata a semana que vén entre o gañador do Meirás-Conxo B.Copa da Costa Infantil
Copa da Costa de Veteranos
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.