domingo. 08.06.2025
El tiempo

Retirada da Competición dos Xuvenís do Corcubión

Retirada da Competición dos Xuvenís do Corcubión
Na tarde - noite do Mercores 28 de Agosto a Unión Deportiva Corcubión tomaba a decisión de dar de baixa o Equipo Xuvenil , tras a reunión mantida entre os directivos e o Corpo Técnico deciden tomar esta decisión despois de que en este mesmo dia,  3 dos seus xogadores decidiran non formar parte deste novo plantel para competir na Liga Xuvenil e así quedarían sin xogadores para poder competir. Unha vez acordada esta decisión o Xoves pola mañá trasladanlle a Federación a decisión de dar o Equipo de baixa para a próxima tempada 2013/2014.  Tras este abandono a  Federación Galega de Futbol imporalle unha posible multa de 150 Euros. No dia de Hoxe a Federación ven de sacar un comunicado onde comunica os Clubes que todos aqueles partidos donde ia xogar a Unión Deportiva Corcubión terán xornada de descanso. E así este fin de semana que empezaba a Competición e enfrontabanse o Soneira - Corcubíon, o desaparecer este último o Soneira descansará e terá que esperar a próxima xornada para comenzar a súa andadura nesta categoria.

Comentarios