Reunión do Futbol de Veteranos da Costa
01:24 05/09/13
A ASOCIACIÓN DE FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA CONVOCA UNHA REUNIÓN URXENTE
Ao obxecto de estudar as propostas presentadas polas compañías de seguros, sobre o seguro obrigatorio dos xogadores, a Asociación de Clubes de veteranos da Costa convoca a todolos Delegados dos Clubs a unha reunión que terá lugar o próximo Venres 6 de Setembro ás 21:30 horas no salón de actos do Local da 3ª Idade de Neaño en Cabana de Bergantiños ( Fronte o Bar París)
Por ser un punto de máxima importancia é obrigatoria a presenza como mínimo dun Delegado por equipo, e a non presenza ten que ser informada antes da Asemblea por escrito.