Venres. 29.03.2024
El tiempo

A RFGF anuncia unha bonificación do 10.5% nas cotas da Mutualidade

A RFGF anuncia unha bonificación do 10.5% nas cotas da Mutualidade

ogo futgal

A Real Federación Galega de Fútbol, tras un acordo aprobado coa Mutualidade Española, vén de anunciar un desconto lineal do 10,5% nas cotas a pagar en todas as categorías do fútbol galego.

Asegura o ente federativo que “A rebaixa nas cotas non será impedimento para manter a calidade asistencial que se presta nestes momentos aos nosos asegurados e iso, pese ao encarecemento que ten que soportar a Mutualidade como consecuencia dos protocolos Covid que deben seguirse.”

A outra medida importante é a de manter o pago fraccionado do seguro deportivo. Un fraccionamento que este ano aplícase dun modo máis beneficioso para os clubs, posto que o abono efectivo do segundo prazo (o 40% da cota) poderase realizar ata o 21 de decembro, e non ata o 30 de novembro como era nas tempadas anteriores. Ademais, dado que o inicio da competición prevese máis tardío, o pago fraccionado afectará a todas aquelas licenzas que se tramiten ata o 19 de outubro.

 

Comentarios