A RFGF propón 3 grupos diferentes para a 1ª Futgal que poderían separar os equipos do Fúrbol da Costa

12:03 19/07/24
Na Asemblea deste pasado mércores a Real Federación galega de Fútbol informaba aos clubs da 1ª Galicia das 3 posibilidades para conformar os grupos definitivo. Os clubs teñen ata o martes para votar a que prefiran sobre as 3 opcións que hai enriba da mesa.
3 opcións que varían entre :
- Opción 1: os clubs da Costa estarían xuntos, competindo ata Caión, e cos equipos de Santiago (ata Agolada);
- Opción 2: A Esteirana quedaría separada dos Muxía, Dumbría, Fisterra, Castriz e San Lorenzo, estando no grupo de Santiago/Barbanza mentres o resto participarían nunha 1ª coruñesa.
- Opción 3: Os equipos da Costa permanecerían xuntos competindo dende Carballo, ata Vea e ata a Barbanza.
Por agora os clubs aínda están estudando as opcións, pero por exemplo por Esteiro cren que a 3ª opción é a máis favorecedora para eles; por Castriz pensan na 1 ou na 3, por desprazamento e pola zona de onde son boa parte dos xogadores; ou o Fisterra, que consideran a 1 e 2 as mellores.