Venres. 15.11.2019
El tiempo

Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes

Julian Couto do Xallas e Pesco do Volantes
Julian Couto do Xallas e Pesco do Volantes
Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes

Esta pasada fin de semana o Xallas conseguía a súa primeira vitoria da temporada na Preferente, e o Volantes de Baño confirmaba a súa reacción sumando a súa segunda vitoria na 1ª Galicia, saíndo ademais do descenso. Queremos falar do rexurdimento dos equipos verde e laranxa con dous dous seus membros máis importantes, o porteiro xalleiro Julián Couto e o xogador do Volantes, Ángel Manuel Caamaño Mayo, máis coñecido como Pesco.

Julián Couto, meta do Xallas

 Julian Couto cun dos Balons de Oleria das Galas QPC como Mellor Porteiro do ano
Julián Couto, xunto ao presidente da RFGF Rafael Louzán, cun dos Balóns de Olería das Galas QPC como Mellor Porteiro do ano pasado
  • QPC: Que estaba pasando para ter tardado 11 xornadas en conseguir a primeira vitoria?

Pois xuntaronse dous factores fundamentales. Este ano incorporaronse moitos xogadores, o que fai que a adaptación tarde xa que non e un proceso fácil que se faga dun día para outro, e si a eso lle sumamos as constantes lesións, encontraste nunha situación tan mala que parece que nos pasa todo o malo que pode pasar. Aínda que non merecíamos que a primeira victoria tardara tanto, e certo que tuvemos derrotas abultadas, pero houbo partidos que cunha pizca de sorte se puideron conseguir os tres puntos. Por sorte a jornada anterior rompemos a mala dinámica que todo o mundo sabe o difícil que e salir delas.

 
  • QPC: A nivel persoal, supoño que foi un partido especial para ti, contra un equipo no que estiveches hai xa 5 temporadas na 3ª División…

Sí, sempre e especial volver a un lugar onde estiveches anteriormente, recordar as boas épocas pasadas, pero dada a importancia que tiña o partido pasou a un segundo plano, e pasado o partido quero desearlle moita sorte o Laracha.

 
  • QPC: Que cambiou nestas últimas 2-3 xornadas para que o equipo comezase a competir de verdade?

O equipo está indo de menos a máis, o bo traballo que se realiza durante a semana añadindo que estamos recuperando efectivos fai que os entrenos sean máis intensos e de máis contenido que ao final iso vese reflexado nos partidos, independientemente do resultado.

 
  • QPC: Ti, por mor dunha lesión, tardaches en entrar nos 11. Como se vive dende dentro pero dende fóra ao mesmo tempo estar aí metidos na lama e non poder facer nada?

O non poder axudarlle o equipo genera moitísima impotencia tocando tamen o lado psicológico con todo o que genera. Ademais altera a rutina propia do futbol, o dia a dia da semana nos entrenos, estar cos compañeiros…pero o principal e o equipo, e cada un ten que aportar todo o positivo que teña xa sea xogando ou animando, todos temos que sumar.

 
  • QPC: Segue o vestiario convencido de que a salvación é posible, non?

Todos os xogadores afrontamos este proxecto o principio da temporada sabendo que iba ser un ano difícil e que nadie nos iba a regalar nada e menos nesta categoría. Este ano parece que a Preferente esta moi igualada e da igual a posición na que esteas que facendo as cousas ben podes ganarlle a calquera equipo. Si nos respetan as lesións e seguimos entrenando e competindo o máximo nivel tendremos moitas opcións de sumar puntos.

 
  • QPC: Que puntos débiles ten o equipo aínda a día de hoxe? E cales son os puntos fortes que sacarán ao equipo do pozo?
Temos que evitar seguir encaixando tantos goles e ser un equipo fiable, non todos os partidos van a ser igual de abertos como este último e vanse a decidir por detalles, e por eso debemos seguir crecendo como equipo. Os puntos fortes do grupo e a unión e traballo. Cada vez exisímonos máis, pero a pesar deso estamos tranquilos de que as cousas van a saír. Ganas e non nos faltan e vamos a saír a pelexar cada fin de semana.

 

  • QPC: Que tal está sendo a aportación de Adrián Lema no banquiño?
Adrián e un entrenador con moitas ganas e o primeiro en poñerse a traballar, aparte de ter un papel psicolóxico destacado durante toda a semana. Coa axuda de Pablo Pose, preparan cada entrenamiento para que nos axuden a afrontar da mellor maneira o partido do fin de semana.

 

Pesco, alma do Volantes de Baño

Pesco xogando co volantes
Pesco co Volantes-Foto- Diario Deportivo 
  • QPC: O rexurdimento do Volantes, con estas dúas últimas vitorias, e sobre todo a goleada da semana pasada, era algo que xa se vía vir, non? Por que?

A verdade é que o equipo viña facendo as cousas ben dende principio de temporada. Nos partidos non nos vimos inferiores a ninguén, quitando o 2-7 da casa, que si que foi un accidente. Pero tivemos moitos partidos que os tiñamos moi de cara para gañalos e non fomos capaces de rematalos, por expulsións ou porque non estivemos acertados cara gol, e iso nos foi penalizando.

 
  • QPC: Pero estoupar así cunha goleada tan clara era moi necesaria para “soltarse” os medos e a “presión”, non?

O do outro día, non engañoso, pero si que ata a media hora estivo igualado, e despois conseguimos meter as 4-5 que tivemos e deixamos o partido sentenciado.

 
  • QPC: Que puntos débiles ten o equipo aínda a día de hoxe? E cales son os puntos fortes?

O principal defecto que temos a día d e hoxe é intentar manter a intensidade e a concentración os 90 minutos, porque o que nos está penalizando ata agora foron fallos de concentración en momentos puntuais e foi o que fixo que non puideramos sumar antes os 3 puntos.

 
  • QPC: Que aporta Amoedo?

É evidente que foi un xogador que todo o mundo coñece, que foi profesional do fútbol, e dende que chegou ao vestiario é un tío con carácter, é bo compañeiro, que se involucra… Aporta en liderato, xogo aéreo, e defensivamente nótase que é ten moita experiencia.

 
  • QPC: Cal é o obxectivo real do equipo?

A permanencia. Esa é a realidade. Acabamos de ascender e non podemos ter outro obxectivo que non sexa o de salvarse.

 
  • QPC: Que está pasando con esa afección laranxa, os Rochabillies de Baño que ata se despraza a ver os partidos de fóra? Como os inflúe nos partidos todo ese apoio? que significa para o club?

É algo que falamos moito no vestiario. É algo que a min me parece incrible. Eu si que estiven en clubs que tiñan unha capacidade social importante, pero eu a entrega e, sobre todo a ilusión que vexo na xente de aquí creo que non a vin en ningún lado.E o máis importante é que ao final eu son de aquí, e ver que ti estás nun club, na casa, e ver que a xente o vive no campo… Escoitaba onte a un entrenador dicir nunha entrevista o importante que é ver a xente no campo, que os xogadores corren máis… e si que é verdade que saes doutra maneira aos campos.

Unha afeccionada do Volantes coa foto de Pesco
Unha afeccionada do Volantes coa foto de Pesco 
  • QPC: Importante tamén son os apoios económicos para un proxecto así?

É evidente que, si, que son importantes, pero creo que os clubs deben traballar a parte deso para non depender só deso. Aquí xúntanse as dúas cousas e creo que se están facendo ben as cousas.

 
  • QPC: A nivel persoal, mil historias levas xa no mundo do fútbol, dende aquel paso polo filial do Villareal, o paso pola 2ªB na Cultural Leonesa; a participación en 3ª División co Racing Villalbés; os pasos pola Preferente co Arteixo; a volta á Costa en Lira ou Dumbría… Cóntanos cales foron os teus mellores e peores momentos nesto do fútbol semiprofesional.

A verdade é que a miña chegada a Villarreal foi complicada. Eu era moi xoven, acababa de saír da casa, e a verdade é que non o pasei moi ben. Tampouco o pasei ben un dos anos de Villalba, no que estiven lesionado.
Penso que a nivel deportivo o meu mellor momento foi en León, en 2ªB na Cultural Leonesa, andaba moi ben aí. Tamén estiven 4 anos en Arteixo moi ben, moi contento, tratáronme moi ben. A media temporada que pasei en Dumbría foi espectacular, nun sitio onde se fan as cousas incribles. E agora no Volantes… sen palabras.

 
  • QPC: E como é o salto de estar vivindo do fútbol durante case 10 anos a ter que afrontar unha vida laboral, digamos, “vulgar”?

Un xogador de fútbol ten que ter claro que o fútbol acábase e a día de hoxe ser profesional e vivir do fútbol, e poder sacar cantidades importantes para ter a vida máis ou menos solucionada é complicado. Iso é para os privilexiados. Entón eu con 25 cando saín de Villalba sabía que tiña que ter outros obxectivos laborais e buscar traballo e facer outro tipo de cousas.

 
  • QPC: túa chegada ao Volantes, como xogador, e como manager xeral, parece ofrecerche unha estabilidade esperada, non? Como están sendo estes anos no cadro laranxa? vai para longo, non?

Agora o fútbol si que tomo un pouco como hobby. Intento aportar o meu grao de area como fai está claro que vai para largo porque é complicado que eu marche, porque xa non  teño moitas gañas de saír, porque agora teño outro tipo de obxectivos. Agora intento axudar e botar unha man no que podo e está claro que a estabilidade téñoa noutro tipo de aspectos, como é o traballo.

Entrevistas QPC

Comentarios