Santa Comba e Malpica, centros do fútbol base durante Semana Santa

A Semana Santa servirá este ano, maiormente, para disputar a xornada aprazada no seu día polo temporal Félix. Pero vai servir para moito máis en clave de fútbol base, xa que Santa Comba e Malpica acollen sendos torneos de fútbol base para Semana Santa.
Vidú en Malpica

Tralo éxito do Torneo Vidú do Pinguel, que serviu para ver a primeira vitoria da Selección da Costa sub15, a Asociación Deportiva Vidú segue sen parada, artellando iniciativas para que o fútbol base siga medrando. Os David Castro e Martín Varela continúan en acción e xa teñen listo o Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica, que cumprirá a súa cuarta edición.
A cita disputaranse no campo de Xaviña (Buño) e participarán ao redor duns 480 nenos e nenas de 32 equipos de 17 clubes diferentes. A actividade futbolística dará comezo en Xaviña ás 10.00 da maña do Xoves Santo, día 29 de marzo, momento no que arrancarán as fases de grupo das categorías prebenxamín e benxamín, mentres que a partir das 17.00h, disputaranse as semifinais, as finais de consolación e as respectivas finais.
Mentres tanto, o Venres Santo, día 30 de marzo, serán os alevíns e os infantís quenes saltarán ao terreo de xogo de Xaviña para disputar a cuarta edición do torneo malpicán e farano ao igual que os máis pequenos, polo que darán o pistoletazo de saída á fase de grupos a partir das 10 da mañá e a partir das 17.00h, disputarán a fase final.
Dende a organización do evento seguen apostando polo fútbol feminino e proba dilo, son os tres equipos (benxamín, alevín e infantil) completamente formados por nenas que o Victoria CF desprazará ata Buño para disputar este torneo.
XallasCup en Santa Comba

O Xallas organiza a Xallas Cup durante o 31 de marzo e o 1 de abril. Un torneo no que particiàrá 10 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.
Novas relacionadas
- Torneo sub-15: a Selección da Costa logra a primeira vitoria.
- 2017: A Malpica CUp acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- 2017: 450 nenos convertiron Buño na capital do fútbol base por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)