Luns. 29.04.2024
El tiempo

A SD Compostela rendeu homenaxe aos seus ex xogadores costeiros no Partido Solidario do Pinguel

Ex xogadores costeiros do Compos-Foto-Luis Gonzalez
Os ex xogadores costeiros do Compos Óscar Toja, Llanero, Manu Casal e Borja Faval, coa bufanda do SD-Foto-Luís González
A SD Compostela rendeu homenaxe aos seus ex xogadores costeiros no Partido Solidario do Pinguel

Emotiva e satisfactoria a visita da SD Compostela á Costa da Morte, co gallo do Partido Solidario en favor da Asociación Mi Princesa Rett. O combinado celeste viviu unha completa xornada de emocións, orgullosos de poñer o seu gran de area para mellorar a calidade de vida da pequena Daniela Novo Garrido, como recoñecía o xalleiro Víctor Pazos, director deportivo, na presentación.

No deportivo, o equipo santiagués (2ºª RFEF) levou a vitoria por 0-2, pero sufriu un combinado costeiro formado por xogadores de Preferente, 1ª, 2ª e ata 3ª Galicia, que deu todo no campo e que mereceu mellor sorteo.
A peor nova foi a lesión de José Balsa, que sufriu unha escordadura de nocello e que se perdlamentaba nos vestiarios porque seguramente se perderá o histórico partido da Copa do Rei contra o Español. Desexámoslle dende aquí unha pronta recuperación.

SD Compostela cos costeiros
O 11 do SD posou con Manu Casal, Borja Facal e óscar Toja

Polo demais, o club deu e recibiu. Ao comezo do choque, o Concello de Ponteceso, co alcalde José Manuel Mato e a concelleira de Deportes Raquel Fondo, fixeron entrega dun detalle institucional ao club.

Victor Pazos Raquel Fondo e Jose Manuel Mato no Pingue-Foto-Luis Gonzalez
Raquel Fondo e Jose Manuel Mato, facendo entrega a Víctor Pazos (á esquerda) dun detalle institucional no Pingue-Foto-Luís González

Moi emocionante foi tamén a iniciativa de QPC de intentar xuntar no Pinguel a todos os xogadores costeiros que nalgun momento das súas carreiras vestiron a camiseta da SD. Foron Borja Facal (Laxe), Manu Casal (Malpica), Óscar Toja (Laxe) e Llanero (Fisterra) (este chegou algo máis tarde), os que se achegaron ao Pinguel para representar esa serie de futbolistas que deron o salto ao fútbol profesional e semiprofesional coa camiseta celeste, que non puideron estar onte no campo por diversos motivos, como son Anxo Mato (Laxe), Felipe Garcia (Cabana), Mino (Cabana), Juan Cabrejo (Camariñas), Juan Porrua (Muros), Víctor Espasandin (Santa Comba), Pereira (SantaComba) Madriñán (Cee), Bautista (Cee) ou o xa falecido Suso Insua (Cee).

Foi o propio Víctor Pazos o que lle entregou unha bufanda do club aos presentes.

Así resumía a boa experiencia o adestrador compostelán Míchel Alonso ao remate do partido:

Máis novas

Comentarios