Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Víctor Pazos (SD Compostela): "Temos unha boa oportunidade de axudar a Daniela"

Victor Pazos xunto con Miguel Cousillas na presentacion do Partido Solidario QPC-Rett
Víctor Pazos xunto co presidente do SD Ponteceso Miguel Cousillas na presentacion do Partido Solidario QPC-Rett
Víctor Pazos (SD Compostela): "Temos unha boa oportunidade de axudar a Daniela"

Este xoves 28 de decembro temos cita futboleira-solidaria no Pinguel. A Selección da Costa QPC disputará un partido ante o SD Compostela, nun evento que servirá para recadar fondos para a Asociación Princesa Rett. Un pequeno grao de area para axudar á entidade que intenta mellorar a calidade de vida de Daniel Novo Garrido e da súa familia bergantiñá.

Queremos falar co xalleiro Víctor Pazos, director deportivo do SD Compostela, que tivo a ben de aceptar participar nesta iniciativa da man de QPC:

  • Que tal esta a ser a túa experiencia no Compos como director deportivo?

Pois está a ser un Master exprés, xa que non hai tempo a nada. Nada máis asumir o cargo houbo que buscar e fichar adestrador na mesma semana. Logo estivemos axustando as cousas ao noso xeito e estudando moito o mercado. Agora toca un mes moi intenso no que toca traballar nese mercado xa que temos carencias e baixas importantes. E todo isto sígoo compaxinando coa dirección da Canteira. Para a semana que vén temos un partido de Copa do Rei co Xuvenil de División de Honra, algo que sucede por primeira vez na historia do club, fronte ao Espanyol de Barcelona.

 
  • Aínda que a nivel deportivo o Compos esta en 2ªRFEF, percibes que e un clube respectado e querido polo seu pasado?

Por suposto. Sempre que viaxamos fóra de Galicia pódese percibir que os equipos e afeccións rivais nos ven como un club histórico de España. Móstrannos moito respecto. Vénnos coma se fosemos dunha categoría superior aínda que por presuposto sexan máis fortes ca nós.

 
  • O xoves en Ponteceso estarán varios exxogadores costeiros con pasado no Compos, pronto veremos talento costeiro no Compos como tempos pasados?

Pois esperemos que sí. Sempre digo que na Costa hai moitísimo talento. Sería marabilloso que os clubs da Costa se uniran para ter un club en categorías importantes e que ese talento infantil se transferira en futuros futbolistas profesionáis.

 
  • Como vés o Fútbol da Costa a nivel xeral, base, senior, feminino…?

Hoxe en día sigo a Costa máis polas redes sociais e polas actas dos partidos. Sei que o fútbol feminino tamén medrou por aí.
Na Costa sempre houbo unhas afeccións que non hai noutros lugares de Galicia. Moita xente nos campos e moitas rivalidades. Só hai que ver como enchen os campos nos partidos da Copa da Costa.

 
  • Fuches adestrador na Liga da Costa, como vés aos nosos adestradores?

Na Costa sempre houbo adestradores moi bos. Adestradores que priorizan as partes importantes do xogo colectivo e individual e que foxen, como digo eu, do novo fútbol de twitter, tan artificial e tan de mentira.

 
  • Que che parece a iniciativa solidaria de QPC ?

Pois teremos a oportunidade de axudar a Daniela. Unha fermosa nena de Ponteceso que padece unha enfermidade rara e que ten unha familia extraordinaria.
E de paso, poderemos achegar novamente ao Compostela á Costa da Morte ao mesmo tempo que preparamos o derradeiro partido da primeira volta da competición.

Máis novas

Comentarios