Domingo. 08.12.2019
El tiempo

O Sofán-Aspaber, a Acción Máis Deportiva da Gala do Fútbol da Costa - QPC

Foto de Luis Gonzalez do Sofán-Aspaber na súa presentación oficial no Carral o pasado mes de decembro
Foto de Luis Gonzalez do Sofán-Aspaber na súa presentación oficial no Carral o pasado mes de decembro
O Sofán-Aspaber, a Acción Máis Deportiva da Gala do Fútbol da Costa - QPC

Este venres 28, a Casa da Cultura de Olveira será tamén un foco de inclusión da diversidade a través do deporte. Como o é o Sofán-Aspaber, protagonista este ano na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC xa que vai recibir o Premio á Acción Máis Deportiva, que patrocina a Clínica O Burgo de Carballo.

O equipo fundouse a finais do curso pasado e como moitos outros proxectos xurdiu tomando un café. Pero este non foi deses proxectos que caen no baúl dos proxectos esquecidos. Este, gracias á vontade de Matías Navarrete e da SD Sofán, foi cara adiante. Despois da conversa, o presidente da SD, Ricardo Serrano, comezou unha serie de reunións co Concello, con Aspaber… Foise dando todo, e materializouse o 1 de decembro de 2018, cunha presentación no Carral e un partido ante o RCDeportivo da Liga Genuine que quedará para a historia.

Foi ”a gran fazaña do club este ano”, recoñecen no cadro carballés. E o proxecto mantense vivo con Matías, que traballa en temas de diversidade e deporte, de adestrador, e a súa muller, Luciana Mariana, tamén profesional do sector, de segunda adestradora. “Non poden dar máis alegrías, amor, cariño… o vínculo formado nos adestradementos entre toda a familia do equipo é tremenda”, recoñece Matías.

A idea é seguir medrando, pasiño a pasiño, esperando que as normas da Liga Genuine (que só permiten a participación de clubs profesionais) cambie as normas e permita que outros clubs compitan na mesma.

Aínda a semana pasada disputaron o Torneo Genuine Club Torre, na Coruña, todo un éxito de emoción e diversión.

Este venres contaremos cunha ampla representación da súa familia para recoller o trofeo.

Novas relacionadas

Novas da gala

Comentarios