O Sofán-Aspaber, a Acción Máis Deportiva da Gala do Fútbol da Costa - QPC
Este venres 28, a Casa da Cultura de Olveira será tamén un foco de inclusión da diversidade a través do deporte. Como o é o Sofán-Aspaber, protagonista este ano na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC xa que vai recibir o Premio á Acción Máis Deportiva, que patrocina a Clínica O Burgo de Carballo.
O equipo fundouse a finais do curso pasado e como moitos outros proxectos xurdiu tomando un café. Pero este non foi deses proxectos que caen no baúl dos proxectos esquecidos. Este, gracias á vontade de Matías Navarrete e da SD Sofán, foi cara adiante. Despois da conversa, o presidente da SD, Ricardo Serrano, comezou unha serie de reunións co Concello, con Aspaber… Foise dando todo, e materializouse o 1 de decembro de 2018, cunha presentación no Carral e un partido ante o RCDeportivo da Liga Genuine que quedará para a historia.
Foi ”a gran fazaña do club este ano”, recoñecen no cadro carballés. E o proxecto mantense vivo con Matías, que traballa en temas de diversidade e deporte, de adestrador, e a súa muller, Luciana Mariana, tamén profesional do sector, de segunda adestradora. “Non poden dar máis alegrías, amor, cariño… o vínculo formado nos adestradementos entre toda a familia do equipo é tremenda”, recoñece Matías.
A idea é seguir medrando, pasiño a pasiño, esperando que as normas da Liga Genuine (que só permiten a participación de clubs profesionais) cambie as normas e permita que outros clubs compitan na mesma.
Aínda a semana pasada disputaron o Torneo Genuine Club Torre, na Coruña, todo un éxito de emoción e diversión.
Este venres contaremos cunha ampla representación da súa familia para recoller o trofeo.
Novas relacionadas
- Decembro 18: O Sofán expande a súa dimensión social coa integración sociodeportiva da familia de Aspaber.
Novas da gala
- Suso, o eterno capitán do Dumbría, recibirá o Premio Histórico na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Os Nominados da VI Gala do Fútbol da Costa - QPC 2018/2019.
- O esteirán Víctor Fábregas amenizará a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC.
- A Gala QPC, punto de encontro para rematar o Álbum de Cromos.
- Dumbría acolle a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o broche de ouro á temporada.
- Iván Bouzón e MC, Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente.
- 2019: Miguel e Diego Mallo, os Premio Pombo do Fútbol da Costa.