Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Terceira: O Corcubión dá un golpe de autoridade en Cee

Pereiriña - Corcubión
Pereiriña - Corcubión
Terceira: O Corcubión dá un golpe de autoridade en Cee

Atlético Pereiriña 3 – 6 Corcubión

Pereiriña: Nil; Tonecho (Rubén Senlle, 56’), Jose, Adri Ozón (Álex Agulleiro, 46’), Fabi; Tebo, Borja Bouzón (Uri, 56’); Chiru Brais Lagoa (Jaiolo, 46’), Tito (Carlos Leis, 46’) e Roy.

Corcubión: Marcos; Luisete, Pablo (Fran, 56’), Mario (Evaristo, 64’), Joaquín; Gorka (Elihu, 68’), Goche, Tano (Guilhe, 77’); César Lojo, Iago Lema e Adri Castro (Rubén Pajarito, 48’).

Goles: 0-1, 16’: Tano / 0-2, 21’: Adri Castro / 0-3, 25’: Mario / 0-4, 31’: César Lojo, de penalti / 0-5, 41’: César Lojo / 1-5, 45’: Jose / 1-6, 72’: Jose, en propia meta / 2-6, 75: Chiru / 3-6, 79: Álex Agulleiro.

Pereiriña - Corcubión

Un auténtico vendaval foi o Corcubión da primeira metade nun San Paio de Refoxos que levaba moito tempo (quizais dende a final da Copa da Costa de 2017 entre Dumbría e Fisterra) sen contemplar unha entrada como a deste pasado sábado. Máis de trescentas persoas que viron como os de Nito eran moi superiores aos locais dende o minuto un grazas á seguridade defensiva, a contundencia no medio campo e, por suposto, a súa calidade diferencial arriba.

César Lojo e Iago Lema xogaban nun campo con espazos e iso se traduciu na goleada que o marcador reflexaba ao descanso: nada máis e nada menos que un 1-5. Tras o descanso, quixo reaccionar o Pereiriña, pero non foi quen de achegarse con perigo á meta de Marcos ata que, tras o sexto tanto visitante, deron un arreón de orgullo para maquillar un pouco o resultado.

Ameixenda 0 – 4 Laxe

Ameixenda: Rivers; Iván (Sambade, 40'), Kamacho (Galindo, 46'), Chapu (Capelo, 46'), Pablo (Alexis, 67’); Chucho (Chacho, 67'), Elhadji, Pikero; Saulo, Cristian e Castrexe

Laxe: Jacobo (Eloy, 46’); Elías (Borja, 63’), Manuel (Borja Iglesias, 46’), Joao (Jacinto, 72’), Galeano (Danilo, 46’); Bieito, Óscar Toja, David, José Ángel; Carra e Jorge.

Goles: 0-1, 10’: Óscar Toja / 0-2, 15’: Carra / 0-3, 23’: Óscar Toja / 0-4, 27’: Jorge MV.

Cambiou a cor, pero non o vendaval que sacudira o San Paio de Refoxos na primeira parte do partido do sábado e que o volveu a facer na tarde do domingo. Desta vez foi o Laxe e non o Corcubión o executor, pero coa mesma agresividade e rapidez. Certo é que os erros defensivos locais llo puxeron un pouco máis cómodo, pero os visitantes amosaron durante todo o encontro ser moi superiores.

Así, parece que pouco a pouco van recuperando persoal para unha liga na que xa suman catro puntos, conseguidos todos nas últimas xornadas. Pola súa parte, o Ameixenda, que mellorou na segunda metade, segue a ter grandes problemas de intensidade e concentración.

Oza 2 – Camelle 4

Oza: Gesto; Iago, Lista (Efe, 85’), Alex Vazquez, Vilariño ( Josiño, 69’); Pace, Alex López, Nacho (Puente, 75’); David LP(Carlos, 76’), Suso e Kevin (Jorge Pichel, 65’).

Camelle: Roi (David, 15’); Ruso, Ucho, Pablo, Martín; Maka (David Vázquez, 20’ – Carlos, 60’), Rodri, Adri, Chori; David Vieites e Adrián Pasantes.

Goles: 1-0, 5’: Álex López, de penalti / 1-1, 30’: David Vieites / 1-2, 33’: David Vieites / 1-3, 61’: Adri Pasantes / 1-4, 67’: Rodri / 2-4, 69’: Jorge Pichel.

Oza Camelle

Partido que comezaba ben para os locais cun penalti cometido sobre Suso, que transformaba Álex López. Un tanto que non decaía aos de Adrián Varela, que seguiron sendo mellores ata o minuto 30, cando un penalti por man de Nacho provocaba o empate e daba ás aos visitantes, que pronto consumarían a remontada cun gol olímpico.

Tras o descanso, a película repetiuse. O Oza dominaba pero ao Camelle bastoulle con outro pequeno tramo de empuxe e acerto para facer dous goles máis e deixar sentenciado o encontro, pese aos intentos locais por volver a meterse no partido.

Sp Seaia 1 – 3 Xallas B

Sp Seaia: Anxo; Fabián (Adri Parga, 45’), Martín, Joel (Hugo, 45’), Anxo Pose (Pablo, 80’); Álex Mato, Manu Garrido, Iván; Juni (Jorge Parga, 73’), Luis e Isaac (Mario, 45’).

Xallas B:  Barbeira; Iván, Becerra, Cuns, Jota; Adrián, Brais (Iván, 73’), Nando (José Miguel, 45’), Doriño (Dani Barbeira, 69’); Steven (Kevin, 57’) e Sergio Barbeira (Isaac, 75’)

Goles: 0-1, 30’: Nando / 0-2, 33’: Steven / 0-3, 57’: Sergio Barbeira / 1-3, 59’: Juni / 1-4, 66’: Brais.

Seaia Xallas B

Histórica primeira vitoria do Xallas B en competición oficial logo dun encontro no que, a diferenza da semana pasada en Corcubión, si souberon administrar a vantaxe. E iso que estivera igualada a cousa ata o minuto 30, pero dous goles visitantes moi rápidos encarrilaron unha vitoria que na segunda parte foron quen de pechar grazas á rápida reacción ao 1-3, que volvía meter no partido ao Seaia.

Os de Santa Comba colócanse así sextos na táboa e, con cinco puntos superan xa ao Seaia, que por agora conta con catro.

Porteño 4 – 0 Castrelo

Porteño: Josiño; Jose Caamaño, Manuel Canosa, Vicente, Espi; Ángel Quintana, Juan “O Bello” (Kevin, 85’), Campaña (Marquiños, 50’), Edgar (Alan, 50’); Cachi e Martín Suárez (Ángel, 85’).

Castrelo: Agustín; Conde, Marcos, Esteban (Rubén, 69’), Luis Roget (Chavico, 64’); Chans, Dani Picallo (Sebas, 64’), Esteban Lado; Roi, Cristian Canosa e Gustavo (Miguel, 26’)

Goles: 1-0, 53’: Alan, de penalti / 2-0, 57’: Marquiños / 3-0, 63’: Marquiños / 4-0, 80’: Manuel Canosa.

Porteño Castrelo

Segue a deixar moi bo sabor de boca este Porteño que so perdeu puntos, no último minuto, no Carral e ante o Oza. De feito, en catro encontros, os de Javi Baña levan 13 goles a favor e so 4 en contra, recibindo tres nese comentado choque en Carballo.

Ante o Castrelo, na primeira parte non se viu unha gran versión dos camariñáns, pero a medida que pasaron os minutos, amosaron unha vez máis que vai ser moi difícil para os visitantes sacar puntos da Grixa. Nun intenso tramo de 10 minutos, os locais deixaron sentenciado o partido para colocarse segundos na táboa. Pola súa parte, o Castrelo aguantou moi ben a primeira metade, pero non foi quen de deter a ofensiva da segunda.

Comentarios