Mércores. 19.01.2022
El tiempo

Terceira: Corcubión e Porteño intentan a escapada

Pereiriña Xallas B
Pereiriña Xallas B
Terceira: Corcubión e Porteño intentan a escapada

Castrelo 0 – 3 Camelle

Castrelo: Agustín; Marcos, Esteban Carballo, Esteban Lado, Iván Chans; Sebas, Miguel, Dani Picallo, Martín Regueira; Félix Roget e Roi.

Camelle: David; Pablo, Snacky, Ruso (David Vázquez, 45’), Martín Santos; Rodri (Diego, 87’), Felipe (Carlos Suárez, 75’), Adrián Vieites, Miguel Riveiro (Cristian, 83’); Carlos Dido e David Vieites (Sergio Romero, 85’).

Goles: 0-1, 15’: Carlos Dido / 0-2, 51’: Felipe / 0-3, 76’: Miguel Riveiro.

castrelo camelleundefined

O único partido adiantado ao sábado rematou cun resultado enganoso para todo aquel que non puidese desfrutalo. Porque o Castrelo fixo un gran partido e tivo as súas opcións pese a presentarse con once xogadores debido ás baixas por lesión.

Pola súa parte, o Camelle quixo resarcirse da derrota no derbi de Camariñas e saíu a polo partido dende o primeiro minuto. Carlos Dido abriu o camiño para o triunfo no minuto 15’ e xa na segunda metade aproveitaron o desgaste rival para sentenciar un encontro que os deixa na terceira posición desta terceira máis igualada que nunca.

Atlético Pereiriña 1 – 1 Xallas B

Pereiriña: Isma Antelo; Maelo, Jose, Tonecho, Fabi; Dani Costa, Borja Bouzón (Roy, 81’), Carlos Leis (Grille, 59’); Chiru, Tito (Uri, 72’) e Lagoa (Javi Canosa, 57’).

Xallas B: Barbeira; Michu, Becerra, Jota (Iván, 88’), Adrián (Rubén Sande, 77’); Iván García, Cuns, Nando, Steven, Doriño (Jairo, 36’); Sergio Barbeira.

Goles: 1-0, 51’: Lagoa / 1-1, 80’ Sergio Barbeira.

Xallas B en Cee

Un punto de moito mérito o que sacou o Xallas B no San Paio dos Refoxos o domingo pola mañá. Os verdes comezaron moi ben e tiveron as primeiras ocasións nas botas de Nando e de Sergio Barbeira, pero sufriron unha polémica expulsión antes do minuto trinta, momento no que o Atlético Pereiriña decidiu dar un paso arriba, pese a non crear demasiado perigo.

Na segunda metade si tiveron ocasións os locais dende o minuto un, e moi pronto se puxeron por diante grazas ao gol de Lagoa tras un bo recorte na área. O gol non freou ao Pereiriña, que tivo varias ocasións claras nos seguintes dez minutos. Pero a falta de vinte, cando o máis normal sería que o Xallas B se caese por xogar con dez na inmensidade do campo de Cee, chegaron os mellores minutos dos visitantes. Os de Santa Comba puxéronse a crear xogadas colectivas sen renunciar á saída dende atrás e crearon ocasión de todas as cores ata conseguir o empate. Mesmo mereceron marcar algún máis.

Oza 2 – 3 Corcubión

Oza: Juan Gesto; David Lista (Gonzalo, 90’), Alberto, Vilariño, Iago (Jose, 85’); Álex, Pace, Carlos Amado (Martín Puente, 78’), Suso; David LP e Kevin.

Corcubión: Peipo; Fran (Pablo Castro, 61’), Mario, Joquín (Elihú, 61’); Goche (Evaristo, 76’), Rubén (Martín Rey, 83’), Tano, Luisete (Tono, 83’); Iago Lema, César Lojo e Adri Castro.

Goles: 0-1, 24’: Goche / 1-1, 43’ Cristian Pace / 2-1, 65’: David LP / 2-2, 70’: Iago Lema / 2-3, 90’: Iago Lema.

Oza Corcubiónseaia ameixenda

Diversión a tope no Carral nun dos encontros máis destacados da xornada entre dous equipos que viñan de pinchar na última xornada tras facer un gran inicio de tempada. Oza e Corcubión amosaron dende o primeiro minuto todo o seu potencial ofensivo, sobre todo os visitantes, sumando moitas ocasións claras de gol grazas a un César Lojo pletórico. Pero o primeiro en mandala á rede sería Goche, cun bo remate de cabeza a centro de Luisete. Iago Lema e Adri Castro puideron facer varios tantos máis, pero cando parecía que así se ía chegar o descanso, Pace facía un golazo dende o pico da área para poñer o empate no marcador.

Tras o paso por vestiarios, un erro defensivo condenaba ao Corcubión que xa non saíran tan ben como no primeiro tempo. Peipo facía un paradón pero David LP marcaba o rexeite. Aí si que tiveron que ir totalmente arriba os de Nito, que atoparon o empate novamente de córner, desta vez rematado por Iago Lema, que aínda tería dúas opcións de moito perigo antes de facer o definitivo 2-3 despois dun gran pase de Tono.

Porteño 1 – 1 Laxe

Porteño: José; Visente, Pejo, Manoliño, Cachi; Alan, Ángel, Juan O Bello, Edgar (Brais min.50); Martín Suárez e Marquiños.

Laxe: Jacobo; Danilo, Jacinto (Álvaro, 68’), Jose Angel, Elías; Gora (Borja Iglesias, 45’), Bieito, Joao (Sergio, 87’); Felipiño, Carra e David.

Goles: 1-0, 55’: Martín Suárez / 1-1, 75’: Carra.

Chegaba o Porteño ao partido coa responsabilidade de ter que gañar para seguir no máis alto da terceira e non foi quen de facelo ante un Laxe que vén crecendo moito nas últimas semanas. A primeira metade tivo moita intensidade, moito erro polas condicións climatolóxicas e moitas protestas, pois ambos equipos se queixaron da labor e actitude do colexiado.

Tras o descanso, pronto adiantou Martín Suárez aos seus despois duns bos primeiros minutos por parte dos locais. Pero tras o gol, os nervios por defender o resultado provocaron imprecisións que ata agora non se viran nos de Javi Baña. E así chegou o empate de Carra a quince do final para certificar un empate que deixa mantén ao Porteño líder, empatado agora co Corcubión.

Ameixenda 0 – 1 Sporting Seaia

Ameixenda: Rivers; Capelo, Sambade, Chapu (Sergio, 68’); Iván, Elhadji (Piquero, 75’), Chucho, Kamacho; Alexis (Galindo, 49’), Saulo e Pablo (Juan, 80’).

Seaia: Anxo; Dimaga (Fabián Rey, 68’), Hugo, Jorge, Anxo Pose; Iván, Álex, Toni (Isaac, 64’); Mario (Joel, 84’), Luis e Manu Garrido (Pablo Caamaño, 90’).

Goles: 0-1, 87’: Isaac.

Moita igualdade no Ameixenda - Seaia xogado na tarde do domingo no San Paio dos Refoxos. Igualdade tanto no  dominio como nas oportunidades de gol creadas ó longo do partido. Iso si, o vento xogou o seu papel, dándolle unha parte de protagonismo a cada equipo. A primeira para o Seaia e a segunda para os locais.

Non obstante, a cantidade de ocasións foi máis ben escasa, pero os visitantes aproveitaron unha gran xogada pola banda esquerda para que Isaac desfixese a igualada no marcador. Aínda puido empatar Saulo na última xogada cun disparo dende dentro da área, pero se marchou rozando o pau.

comentarios