sábado. 09.11.2024
El tiempo

Todo listo para o doble partido solidario das Seleccións da Costa QPC

Oscar Leis e Juan Jesus coas camisetas da Seleccion da Costa da Morte
Oscar Leis e Juan Jesús, de Máis Deporte Cee, coas camisetas da Selección da Costa da Morte QPC feminina
Todo listo para o doble partido solidario das Seleccións da Costa QPC

As equipacións, as rifas/donativo, as convocatorias... O Concello de Dumbría ten todo listo no Conco para o doble partido solidario que a familia de QPC organiza este mércores 4 de xaneiro cos seguintes horarios:

  • 17:00h: Selección da Costa Feminina QPC - Dépor Abanca B
  • 19:00: Selección da Costa Masculina QPC - Bergantiños CF

Unha xornada chea de solidariedade que coa colaboración da Cruz Vermella Cee, recadaremos a maior cantidade de cartos posible para axudar economicamente ás familias máis desfavorecidas da comarca.

Rifa Que pasa na Costa Partido Solidarios

Para iso, á entrada ofreceremos rifas/donativos, coas que se poderá participar nos sorteos de:

  • Unha noite para dúas persoas no Hotel Emotion Faro de Lariño.
  • Unhas botas de Vero Boquete
  • Unha camiseta da Selección da Costa.
nel copia 5
Arriba Óscar Leis e Iván Cancela coa Camiseta da Selección Galega; á dereita o bono regalo do Hotel Faro Lariño; abaixo detalles da camiseta da Selección Feminina; as sudaderas do staff técnico e á dereita as botas de Vero Boquete

Xa podedes ver as convocatorias realizadas polos adestradores Diego Lobelos e Marcos Domínguez (selección masculina) e Frasn Figueroa e Rupper (sele feminina), baseadas nos Premios da Gala do Fútbol da Costa QPC do curso pasado.

Cómpre agradecer a colaboración do Concello de Dumbría, do CF Dumbría, a Cruz Vermella,  Saunier Duval, de Artio, Farmacia Miguel Lestón Fabeiro, Hotel Faro de Lariño.

Jacinto Picallo e Fran Figueroa no Hotel Faro Larino coas sudaderas da Costa da Morte
Jacinto Picallo e Fran Figueroa no Hotel Faro Lariño coas sudaderas da Costa da Morte patrocinadas pola Farmacia Miguel Lestón Fabeiro

Novas relacionadas

 

Comentarios