Luns. 22.07.2019
El tiempo

O Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica lembrará a Ramón Calvete

Ramón Calvete, natural de Leiloio, foi moitos anos presidente do Buño
Ramón Calvete, natural de Leiloio, foi moitos anos presidente do Buño
O Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica lembrará a Ramón Calvete

A V edición do Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica que organizan Concello e a Asociación Deportiva Vidú, servirá para lembrar a figura de Ramón Calvete. O ata o ano pasado presidente do SCD Buño, falecía o pasado mes de decembro, e de aí que a organización queira dedicarlle este torneo, do que el foi un dos grandes impulsores. Agora xa é Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica-Memorial Ramón Calvete Gómez.

A cita deportiva celebrarase esta Semana Santa, 18 e 19 de abril, no Campo Municipal de Xaviña (Buño), xa como unha cita obrigada para medio millar de rapaces e rapazas da comarca.

Novas relacionadas

Comentarios