A UD Cerqueda prepara unha recollida solidaria de alimentos e xoguetes
13:27 01/12/23
Este sábado 2 de decembro, coincidindo cunha marea de partidos dos equipos de base, a UD Cerqueda invita a toda a veciñanza da zona a achegarse a Xaviña e participar activamente nas dúas iniciativas solidarias: Recollida de Xoguetes, para a campaña “Ningún nen@s sen xoguete” e de Alimentos para o Banco de Alimentos.
Ambas recollidas en coordinación cos servizos sociais do Concello de Malpica.
Será doada ademais a recadación das rifas.
Asemblea
O club convoca ademais unha asemblea xeral para o xoves 14 de decembro ás 20:30h.
Campamento
O Club invita ademais a que as familias anoten á crianzas aos Campus de Nadal de tecnificación.