Vítimas do sistema

23:44 21/05/17
Unha Copa inoportuna en moitos aspectos deixou un panorama incluso vergonzoso, coa falta de competitividade en case a metade dos compromisos de oitavos de final; algo semellante pódese dicir da visita do Soneira a Viveiro
Imaxe do encontro do mércores entre Ponteceso e Muxía - Foto: SD Ponteceso
Alineación atípicas, convocatorias anormalmente reducidas… a xornada do Día das Letras Galegas deixara entrever xa que o sistema de Copa da Costa tal como está concebido non funciona. A segunda mostra desa sentencia poderíase tomar botándolle un ollo ao cadro, coa non inicio ou finalización de dous dos oito cruces de volta de oitavos de final, e a falta de competitividade no Nantón-Dumbría ou no Baíñas-Cabana. Se llo din hai trinta anos aos que ían durmir polas soites soñando con erguer o trofeo non daría crédito.
O San Lorenzo de Verdillo tentara o mércores competir cun Camariñas notable e motivado, pero facíase imposible repetir proposta para a volta: festas en Verdillo o venres e debut na promoción de ascenso o domingo. E entre medias ir ao Hermanas Patiño. Claro está que ir con sete e quedar sen efectivos para xogar non sería o idóneo. Iso si, todo sexa polo moi valioso punto dos vermellos en Teo, ante un duro Praíña. A pole polo ascenso está a tiro. O papel de sorpresa oficial queda establecido para o Cerqueda, verdugo dun Zas que parece terá que redeseñarse para o vindeiro ano, mentres que o propio Camariñas parece ter recuperado a ilusión de comezo de curso. Pola súa banda, o Baíñas, que xa goleara ao Cabana, tamén está en clara progresión. Non houbo historia no Nantón-Dumbría e case a hai no Esteirana-Malpica, cos visitantes cedendo máis da metade da vantaxe acadada na Pedra Queimada. Remontou o Ponteceso en Muxía, mentres que o Fisterra impuxo a súa categoría en Pino do Val ante un Mazaricos que pecha así un curso sobresaínte.
E negativa tamén é a nova dunha Preferente onde se derrumbou o Soneira, cun marcador indigno da categoría (10-1) e unha sensación de abandono e baixada de brazos preocupante. Tampouco lograron sequera puntuar Xallas e Sofán, outro botón do que significa non xogarse nada.

Copa da Costa, Volta dos Oitavos

PreferenteNorte, xornada 36
FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 1

FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

CopadaCosta Cadete, ida das semis

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

CopadaCosta de Veteranos

Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.