Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño

Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño
As Miudas en Aguino As Miúdas competiron ao máximo en Aguiño

Continúan os equipos do Fútbol Feminino Costeiro pelexando por situarse comodamente na táboa dos seus respectivos grupos da 2ª División Galega. As Miúdas visitaban ás líderes, e a pesar de volver sen puntos a Muros, as Guerreiras da Costa da Morte si que trouxeron unha mochiña cargada de ilusión, pois prantaron cara a todo un Xuventú.

Pola súa parte, o Bergantiños recuperou a senda da vitoria e xa son 3 vitorias de 4 partidos que deixan ás de Gueli na 5ª praza.

Fran Figueroa adestrador das Miudas Fran Figueroa, adestrador das Miudas

2ª División, Gr.2, xornada 2

  • Resultado: Xuventú Aguiño - Os Miúdos (3-0)
  • As Miúd@s:: Julia, Yaiza, Isa, Antía, Martina, Laura, Bárbara, Marta, Gala, Eva e María Dosil. Tamén xogaron: Melodi, Lucía, Natalia, Iria e Irea.
  • Goles: 1-0, m.17; 2-0, m.72: nun rexeite tras un corner, 3-0, m.76: tras un disparo dende a frontal co equipo moi replegado.

Ata Aguíño desprazábase con moita expectación a expedición miradá, sabendo que visitaban ás líderes que viñan de vencer 0-16 na semana anterior. Pero deixaron os complexos en Muros, e saíron ao campo a competir cara a cara. Ben ordenadas dende atrás, pero intentando que as da barbanza non xogasen todo o partido no seu campo. E a boa presión permitiu que o partido se desenvolvese no medio campo, mesmo levando case sempre os balóns divididos.

Pero un erro tras un mal entendemento entre as centrais penalizou en exceso o visto no campo xa que farían o 1-0 na sua única xogada na área visitante.

Gol que fixo que as muradanas sacasen o mellor de si e conseguiron armar 4 xogadas nas que Gala en 2 ocasións e Eva e Marta nas 2 seguintes se plantaron diante da porteira local definindo de maneira desastrosa. Bárbara tamén chegaría á area local mandando moi desviado o seu remate, deixando o inxusto 1-0 ao descanso.

Non saíron cas mesmas forzas as rosadas na segunda metade e a presión xa non era a mesma, polo que a veteranía das locais comezouse a notar. Sacaron o “outro fútbol” para decantar a balanza ata 4 cartóns amarelos, todos por protestar, e permitiron levar o duelo o terreo no que as inexpertas visitantes non están acostumadas.

Seguiron loitando cada balón as de Fran Figueroa e a pesar da súa xuventude e inexperiencia demostraron que poden pelexar con calquera equipo. No treito final, dúas xogadas illadas deixaban o 3-0 final, pero as Guerreiras están demostrando que con traballo e sobre todo ilusión, poden enorgullecer a toda unha comarca.
En resumen, a “vitoria” para as nosas, os 3 puntos para o Xuventú de Aguiño.

As Miudas en Aguino 2  

2ª División, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: Bergantiños - Orzán B (2-1)
  • Bergantiños: Luci, Piroja, Fariña (Rabuñal, m.45), Seo, Paula, Lore, Torrado, Noe (Isa, m.55), Andrea (Nerea, m.75), Tamara (Eva, m.80) e Lucía (Lydia, m.65).
  • Goles: 0-1, m.44: Cheno; 1-1, m.65: Isa a pase de Torrado; 2-1, m.75: Tamara.
Bergan fem nun choque ante o Cambre A carballesa Noe nunha foto de arquivo

Disputado partido o domingo pola mañá nas Eiroas ante o filial do Orzán. Comezaba o choque con moito respecto, cunha Lucía moi segura baixo paus, mentres en ataque era Tamara Torrado a máis activa. Xusto antes do descanso, as herculinas adiantábanse cun gran disparo desde a frontal.

Varias modificacións tácticas de Gueli (Isa colocábase para xogar con dúas puntas) permitiron ás locals dar un paso adiante, e así ían chegando as ocasións. Seo nun córner e Andrea nun man a man non verían portería. Isa empataba a pase de Torrado e a goleadora do equipo, Tamara anotaba o gol da vitoria que facía xustiza tralo sucedido nos segundos 45 minutos. Ao final xusta vitoria para as xogadoras de Gueli nun partido moi disputado.

A próxima semana visitan ao Dep. Orzán, un dos favoritos ao ascenso.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios