Luns. 16.09.2024
El tiempo

Xa temos os calendarios das Ligas da Costa en www.futboldacosta.com

futboldacosta punto com 3 copia
Así é a primeira xornada da Liga da Costa. O calendario completo en www.futboldacosta.com
Xa temos os calendarios das Ligas da Costa en www.futboldacosta.com

Xa temos chea a plataforma www.futboldacosta.com cos principais calendarios das nosas ligas, esperando xa que cheguen os primeiros carruseis dominicais do vindeiro 15 de setembro.

Onte saíron os da 2ª e 3ª FUTGAL, as Ligas da Costa, que veñén moi bonitas este curso 24/25.

Liga da Costa

Unha Liga da Costa que vai estar apaixoante, cunha marea de equiops aspirando a todo.

Temos un recén descendido de 1ª como o Baio, cunha estrutura da casa que competiu o ano pasado ata o final pola permanencia. Temos equipos que pelexaron o ano pasado polo ascenso como o Mazaricos ou o Porteño, ademais dos Corme, Ponteceso e Outes. Pero é que tamén temos dúas potencias costeiras como Xallas e Soneira que veñen de 3ª pero aspiran a volver a cotas máis altas que a 2ª.

A primeira xornada, o 15 de setembro, temos un fermoso Xallas-Baio e un Porteño-Baio como partidos da xornada.

A 3ª FUTGAL

futboldacosta punto com 3 copia
1ª xornada da 3ª FUTGAL

A 3ª prevese máis igualada ca nunca. Con 15 equipos (as novidades son o Muxía B e o Inter de Brens, que colle o relevo do desaparecido SD Ameixenda) serán varios os que se disputen os 2 ascensos directos e as 4 prazas de promoción.

Na parte alta seguro que seguen, como o ano pasado, Sofán B e Oza, pero tamén haberá que contar seguro cos descendidos Baíñas, Volantes e Camelle. Cerqueda e Zas volverán estar arriba pendentes da renovación por Malpica.

Máis info

Comentarios