Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Xallas FC renuncia a saír en 1ª e competirá na 3ª provocando unha cascada

  • O cambio provoca a permanencia do Baio na 1ª, e a dun Volantes en risco de desaparición. O Corcubión espera novidades.
xallas b
Imaxe do Xallas B da campaña pasada
O Xallas FC renuncia a saír en 1ª e competirá na 3ª provocando unha cascada

Como xa nos adiantaba Doro, o novo presi, a semana pasada, o Xallas F.C. competirá esta campaña 2023-23 na 3ª Galicia. Así llo ratificou á RFGF o club, renunciando á 1ª Galicia. 

Á fronte deste desafío estarán Churián e Doriño, ata esta temporada parella de adestradores do B.

Os non arrastres

A caída de 2 categorías do cadro verde provoca, en primeira instancia, a permanencia do CD Baio na 1ª Autonómica. 

O club baiés liberaría un arrastre da Liga da Costa, polo que o Volantes mantería a categoría, sempre e cando haia unha nova directiva que colla o relevo da saínte. O club está en risco claro de desaparición (non apareceu ninguén interesado ata o día de hoxe) pero ten ata o 1 de agosto para confirmar a súa praza, e esperan que esta permanencia anime á creación dunha nova directiva

Pendente está o Corcubión, pois no caso da desaparición do cadro laranxa, o club branquiazul podería celebrar o 50 aniversario cunha nova salvación in extremis.

Ecos nos Castrelo e Soneira

Se o Castrelo parece complicado que haia futuro, no Soneira SD, onde tamén saltaron as alarmas este final de temporada, están traballando arreo para sacalo adiante a pesar da espantada de moitos xogadores, ademais da marcha do míster Pedro Gómez. O club xa ten un míster apalabrado, e varios xogadores coa intención de fichar polo cadro soneirán, polo que espera dar novidades pronto.

Comentarios