Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xallas e Fisterra xa teñen formato de competición na Preferente

PLAN COMPETICIONAL 2122 PREF copia
Xallas e Fisterra xa teñen formato de competición na Preferente

Se a situación sanitaria o permite, a categoría de Preferente comezará a súa competición o 19 de setembro cun formato de competición que busca manter a competitividade pero ao mesmo tempo mirar pola economía dos clubs nunha época de serias dificultades para todos.

A RFGF presentaba onte o formato de competición, con 50 equipos, divididos en 2 grupos, Norte e Sur, que á súa vez se subdividen en 3 subgrupos. Fisterra e Xallas competirán no subgrupo A.

PLAN COMPETICIONAL 2122 PREF copia1

PLAN COMPETICIONAL 2122 PREF copia3P

PLAN COMPETICIONAL 2122 PREF copia4Primeira fase
Os equipos participantes enfrontaranse a dobre volta. Os equipos que se clasifiquen nos 5 primeiros postos
de cada subgrupo accederán ao Grupo de Ascenso da 2ª Fase.
Os equipos que se clasifiquen do 6ºao 12º ou 13º posto (segundo o subgrupo) de cada subgrupo accederán
aos Grupos de Permanencia da 2ª Fase.

Segunda Fase
Fase de Ascenso: Participarán os equipos clasificados nos 5 primeiros postos de cada subgrupo
conformándose o Grupo de Ascenso cun total de 10 equipos.

A competición desenvolverase a dobre volta, pero os equipos que proceden do Subgrupo A enfrontaranse
unicamente aos que proceden do Subgrupo B, polo que non volven enfrontarse cos equipos procedentes do
seu mesmo subgrupo da 1ª Fase.
Configurarase, por tanto, esta 2ª Fase nun total de 10 xornadas.

A clasificación desta segunda fase está determinada mediante o sistema de puntos, establecéndose a
clasificación final conforme aos puntos obtidos por cada un dos equipos contendentes, sumados aos puntos
fixos outorgados pola orde clasificatoria da primeira fase.
Ascensos: Os dous primeiros equipos clasificados no Grupo de Ascenso conseguirán o ascenso á Terceira
División (3a RFEF). Sendo en total 4 os equipos que conseguirán o ascenso (2 no Norte e 2 no Sur).

Haberá 6 descensos por grupo

Comentarios