Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Xuvenís: Sofán-Os Miúdos e Outes-Xallas, as semis para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega

Gol dos Xuvenis do Outes
Os Xuvenís do Outes celebrando un tanto ante o Cee
Xuvenís: Sofán-Os Miúdos e Outes-Xallas, as semis para meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega

Como pasou nas Ligas Galegas, remataba este sábado a primeira fase da Liga comarcal Xuvenil. Se ben aínda queda unha xornada das ligas cadete e infantil, os Xuvenís pensan xa na seguinte fase, que se disputará en sede neutral a fin de semana do 12 e 13 de xuño. Será unha fase con semifinais e finais a partido único, da que sairá un só clasificado para a Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.

As eliminatorias quedan do seguinte xeito:

  • Sofán - Os Miúdos. (Sábado 5 ás 18:00h en Fontenla, Santa Comba)
  • Outes - Xallas. (Sábado 5 ás 18:00h en San Andrés, Zas)
  • Final entre os gañadores: sábado 12 nun campo neutral por determinar.

Sofan Xuvenil 2021
Once do Sofán xuvenil

Sofán (ás ordes de Cantudo) e Outes (dirixido por Fernando García Cuesta) preséntase como favoritos tralo acontecido na primeira fase. Os sofanistas só perderon un partido (na 3ª xornada ante o Cerqueda), calcando os números os cadro da Serra. Por detrás, Xallas (de Rupper) e Os Miúdos (da man de Mané Senande) sumaron 4 vitorias cada un que os deixa tamén con grandes opcións.

 

Novas relacionadas

comentarios