Venres. 18.06.2021
El tiempo

Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil e o Xallas Cadete métense na seguinte fase polo ascenso

  • O Bergan Xuvenil e o Xallas Cadete xa coñece aos seus rivais na Fase de Ascenso.
O Bergantinos Xuvenil pasa a seguinte fase
O Bergantinos Xuvenil pasa a seguinte fase
Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil e o Xallas Cadete métense na seguinte fase polo ascenso

Rematou a primeira fase das Ligas Galegas de Base, con diversa sorte para os nosos equipos. O gran protagonista do fútbol costeiro é o Bergantiños Xuvenil de Óscar Mingui, clasificado para a Fase de Ascenso á Liga Nacional, como segundo, precisamente por detrás dun Xuventiude Oroso que endosaba a segunda derrota consecutiva aos carballeses.

Tamén entrou na seguinte fase o Xallas Cadete tras vencer ao propio Bergantiños, a pesar de quedar 4º do seu grupo, tras vencer ao propio Bergantiños, e unha vez que o Bergan, e o Ural teñen equipos na División de Honra Cadete.

Xallas Cadete
Imaxe dos Cadetes do Xallas de Jota e César

En calquera caso, non rematou a temporada para o resto dos equipos. Vai haber unha competición de Copa Galicia entre os equipos que non se meteron na fase de Ascenso. O calendario sairá en breve tras unha xornada na que o Dumbría Xuvenil caía pola mínima ante o Boiro e pecha a fase de pechacancelas.

Dumbria Cadete 2021
Imaxe dos cadetes dumbrieses de Huelvis

Polo resto, o Dumbría cadete remataba a fase sumando ante o líder, o Ural B, o seu cuarto punto da temporada.

Xa en infantís, o Dumbría non conseguía estrear o taboleiro de puntos e os dous equipos costeiros en competición (descansaba o Bergan) pecharon a táboa.


 

Liga Galega Xuvenil, Gr.C, xornada 10

  • Resultado: Xuv. Oroso - Bergantiños (2-0)
  • Bergantiños: Carlos, Dani Estramil, Iván, Noe, Ashier, Fita, Mario Vila, Pardo, Javi Pérez, Ista. Tamén: Íker, Pablo García, Dani García, Álex e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.82; 2-0, m.88.

Partido moi disputado e igualado, baixo un sol de xustiza, que fixo exprimir o máximo a todos os xogadores de ambos equipos. Na primeira parte o Oroso estivo mellor plantado no campo e coas ideas máis claras ante un Bergan máis dubitativo, pero que tamén tivo as súas opcións de adiantarse.

Só se rompería o choque no tramo final do partido cando tras unha perda visitante en campo propio era aproveitado para facer o 1-0. Co cadro volcado chegaría o segundo sobre a bocina.

 Fase de Ascenso

En www.futboldacosta.com tendes os calendarios e rivais para Xallas Cadete e Bergan Xuvenil.

futboldacosta

Crónicas das Ligas Galegas

comentarios