mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Fisober na Copa Xunta

O Fisober na Copa Xunta
COPA XUNTA
FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CIDADE DE AS BURGAS: 0-7.
FISOBER : Eva, Raquel, Patri, Paula Fandiño e Barca ; tamén xogaron : Laura e Anabel.
C. de AS  BURGAS : Antía, Figo, Sonia, María Arias e Vanessa ; tamén xogaron : Candela, Nati, María Romero, Peke, Noelia, Helena e Zaida.
ÁRBITROS : Senén Tojo e Rubén García ; Crono : Yayo Pájaro.
GOLES : 0-1 María Romero, 0-2 Candela, 0-3 Zaida, 0-4 Vanessa ( descanso ) , 0-5 Figo, 0-6 Zaida, 0-7 María Arias.
Daba comezo a súa andadura o  Fisober no pavillón polideportivo da Ponte do Porto na Copa Xunta , enfrontabase a un dos equipos fortes do seu grupo un equipo da División de Honra. O Fisober enfrontaba o partido con oito baixas moi importantes e de ahí que tivo que tirar de xogadoras do equipo B. As baixas cas que contaban as rapazas de Fran Toba eran Paula, Elsa, Inés, Nuria, Ana, Olalla, Noelia e Myrella.
Non lle chegaban os problemas de baixas o Fisober, senón que a xogadora Paula Fandiño   lesionabase o comenzo  do partido non podendo  continuar, o que fixo que a porteira do filial Anabel tivera que xogar de campo para dar un descanso as súas compañeiras.
Con todos estos contratempos a xogadoras do Fisober fixeron un grandisimo partido e loitaron ata o final, o resultado foi moi abultado pero o traballo e esforzo das rapazas fronte a un equipo de categoria Superior é de resaltar. Pouco tardaron as rapazas das Burgas en adiantarse no marcador e empezar a encarrilar o partido.
Destacar o debut oficioso  de Paula Fandiño e Raquel co primeiro equipo aínda que xa o fixeran o día antes nos amigables que serviron para a presentación do Villa de  Cee e o da porteira do filial Anabel que o tivo que facer  como xogadora. Así mesmo como o re-estreno de Patri. O Fisober encara esta Copa da Xunta coma partidos de pretemporada, xa que os equipos cos que ten que disputar as eliminatorias son de categorias superiores e vendo as baixas que ten, pois sirvenlle un pouco de adestramento antes de comezar a súa verdadeira competición que é a Liga.
Próximos partido da Copa Xunta:
O sábado 7 en A Coruña fronte o Viaxes Amarelle.
O sábado día 28 como locais o Fisober recibirá o Funeraria Apóstol.

Comentarios