Martes. 07.05.2024
El tiempo

Preferente: Victoria do Dumbría e empates de Soneira e Xallas

Preferente: Victoria do Dumbría e empates de Soneira e Xallas
Segunda xornada da Preferente, a que se celebraba a pasada fin de semana. Unha xornada que se resolveu con boas novas para os nosos, pois ningún perdeu. O Dumbría colleitaba os seus primeiros puntos da tempada nun choque fronte ao Bertamiráns. Pola súa banda, Soneira e Xallas de Santa Comba asinaron as táboas no marcador. Ollamos polo miúdo o acontecido.

Dumbría – Bertamiráns (1-0)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán (Iván, min. 67), Aaron Fernández, Pablo Conde (Tati, min. 63), David, Aaron Lopez, Jesús (Piri, min. 75), Martín, Luis, Brais (Leo, min. 53) e Pablo Muiño.
  • Goles: 1-0, min.12: Pablo Muiño.
Moita vida colleitou o Dumbría nesta segunda cita da tempada. O gol de Pablo Muiño no minuto 12 fai que os dumbrieses xa non sexan colistas. Pola súa banda, o Bertamiráns non estivo moi inspirado. Jesús tivo nas súas botas a segunda diana. O resultado podería ser máis amplo, en función das ocasións.

Boiro – Xallas de Santa Comba (1-1)

  • XALLAS DE SANTA COMBA: Prego, Guillermo, Óscar (Chinda, min. 55), Martín, Pablo, Jota, Doro, Pablo Baña (Darío, min. 80), Suárez, Mon (Rubén, min. 61) e Ismael (Beiroa, min.52).
  • Goles: 1-0, min.12: Hugo Soto; 1-1, min.56: Mon.
O Xallas de Santa Comba comezou o encontro a remolque ante un Boiro que tiña o dominio dende o primeiro minuto. Tiveron os do Barbanza un bo número de ocasións de gol, pois tiñan o control do balón.  O primeiro tanto chegaba para o Boiro moi cedo, no minuto 6. Continuaron chegando as ocasións de finiquitar o encontro para o Boiro. O Xallas reaccionou tras o descanso, e comezou a chegar con peligro á meta contraria. No minuto 56, Mon acadaba o empate logo dun barullo na zona de perigo. O Boiro tivo máis ocasións para facerse co partido. Tamén tivo unha clara o Xallas ao remate do encontro, ao golpear o largueiro.

Soneira – Lemos (1-1)

  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran de Urroa (Sito, min.76), Nico, Michael, Baba, Mayor (Bibi, min.65), Darío (Javi, min.62), Toni de Muros (Oscar, min.82), Toni de Fisterra e Adrián Mackay.
  • Goles: 1-0. Toni de Muros; 1-1, min.12.
Debut do Soneira na casa que se saldou cun empate a uns e coa sensación de que cun pouco máis que se fixera podería sumar a segunda vitoria da liga. Foi a estrea de moitos dos integrantes do Soneira no Municipal de Vimianzo, xente como Toni de Muros, Toni de Fisterra, Baba, Michael, Cheli, Nico, Adrián Mackay, Sito, Bibi, Oscar, vestían por primeira vez a camisola branca do Soneira en Vimianzo, polo que cabe entender que teñen que sufrir un período de adaptación, tanto ao terreo de xogo, aos seus compañeiros, como ao esquema do adestrador. Comezou ben o encontro para o equipo de Felipe Candamo, antes de chegar ao cuarto de hora, Toni de Muros marcaba o primeiro gol como xogador branco. Non xogou mal o Soneira na primeira metade, cando menos con intensidade, aínda que lle falta moita fluidez no xogo. Por veces os vimianceses abusaron bastante de balóns longos, cando posiblemente sexan unha das plantillas coa media de altura máis baixa do campionato, isto dificulta a disputa aérea do balón. Antes de chegar a media hora Toni de Fisterra tivo unha moi boa ocasión de gol, pero o seu remate, tras centro da dereita, foi despexado a córner polo meta visitante. Tralo descanso, ben por mérito dos visitantes, ou demérito dos locais, o partido perdeu en intensidade e disto beneficiouse o equipo lugués que empataría tras un erro da zaga do Soneira que aproveitou ben o dianteiro de negro para bater a Cheli, o balón foi ao pau e acabou dentro. Foron uns minutos de desconcerto local que lle puideron saír caros. Na reta final do encontro, a base de empuxe e a balón parado, Adrián Mackay, que semella que non está de todo fino aínda, desaproveitou dúas moi boas ocasións para deixar os tres puntos en Vimianzo. Ao final reparto de puntos que tampouco ten que deixar malas sensacións, suma 4 puntos de 6 posibles, tendo en conta a falta de engranaxe do equipo, e en dúas xornadas de competición, ningún dos equipos conseguiu gañar os dous encontros. Para a semana o Soneira visita ao Laracha.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios