2ª Autonómica: Igualdade máxima



Parou o Cabana ao líder e aproveitou para sumar o primeiro punto da temporada e amosar unha boa imaxe. O Sofán mantén o liderato tralo empate do Corme en Buño nun partidazo. Os cormeláns seguen a 3 puntos da SD, empatados co Volantes, que empataba ante o Carnota nun Miraflores demasiado caldeado; e coa Esteirana, que da man dun inspiradísimo Kike Paluca gañaba o derbi muradán ante o Montelouro no partido da xornada.
De contado, con 12 puntos, están Cee, Baio e Montelouro.
As malas novas chegan dende Dumbría, onde o equipo de Ferrío volvía caer por 1-8 e se asoman ao precipio. Sen sumar o filial dumbriés segue en grandes dificultades e se supón un futuro incerto.
Esteirana - Montelouro (4-2)

- ESTEIRANA: Beni (Marcos, min.85), Justi, José Varela, Dani Rama, Maceiras, Álex, Pepe, Andel (Bruno, min.80), Pichu (Roi, min.88), Roberto (Simón, min.88), Kike.
- MONTELOURO: Ismael, Bolo, Álvaro, García, Chema (Raúl, min.50), Fernando, Denis (Edu, min.60), Pepe (Isma, min.55), Mingos (Adrián, min.75), Geijo, Ancho.
- Goles: 1-0, min.20: Kike; 2-0, min.40: Kike; 3-0, min.60: Kike; 4-0, min.70: Róber; 4-1, min.80: Raúl; 4-2, min.89: Isma.
- CABANA: Añón, Ismael, Eloy, Marcos, Mato, Fariña, Sandro, Ruben Rama, Adan, Fernando e Berti.
- SOFÁN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Michel, Ivan Rojo (Eloy Boedo, min. 65), Jacobo, Ivan Rey, Edy e Abel (Pikas, min.75).
- VOLANTES: Rubén, Pardelo (Javi, min.46), Juan, Nimo, Mingos, Brais (Jaro, min.10), Varo (Bolero, min.75), Fran, Seluco, Adrián (Benja, min.65) e Ivi.
- CARNOTA: Luis de la Peña, Tono, Pedro, Manolo, David, Loló (Boni, min.75), Rodrigo, Jacobo, Nakata, Bernardo (Martín, min.78), Pablo Beiro (Pumuki, min.55).
- Goles: 0-1, min.20: Jacobo de cabeza; 1-1, min.70: Seluco de falta; 1-2, min.80: Bernardo; 2-2, min.91: Jaro de cabeza.
- SAN LORENZO: Sergio, Canteiro, Adrián, David, Quillo, Anxo, Pichel, Fuentefría, Javi, Eloy, Carlos. Tamén: Peke, Torres, Bolón, Roby.
- MUROS: Fabio, Manu, Javi, Teo, Pulpo, Lisardo, Gelo, Dani Corniños, Saúl, David, Sexo. Tamén: Paki, Gabri, Adrián.
- Goles: 1-0, min.6: Javi; 1-1, min.60: Sexo; 1-2, min.80: Adrián; 2-2, min.90: Fuentefría.
- Expulsións: os visitantes Fabio, Paki, David, Dani, e o míster Manolo Camello e o local Torres.
- CEE: Parroto, Nico, Jorge (Fiuza, min.83), Piquero, Rafa, Fermín (Mario, min.89), Diego, Fer, Chiru (Poyo, min.60), Angeliño e Penedo (Llanero, min.82).
- MAZARICOS: Pego, Matías (Molinos, min.73), Esteban (Cerban, min.79), Martín, Rodri, Ramón, Estefano, Ricardo, Kevin (Marcos, min.73), José Ángel e Cristian (Brais, min.46).
- Goles: 1-0 min.10: Angeliño.
- CORCUBIÓN: Cristian, José da Atalaya, Lema, Sebas, Marquitos (Senra, min.30), Edu, Pablo Lestón, Alán, Jonnie, Mario, Conguito.
- ZAS: Miki, Amado, Victor Vecino, Oli, Mancebo, Lagoa, Peke, Rubio, Jaime (Martín), Pichín, Pastor.
- Goles: 0-1, min.15: Jaime; 1-1, min.40: Jonnie; 1-2, min.50: Pichín; 2-2, min.70: Jonnie; 2-3, min.80: en propia meta de Jose de Atalaya; 2-4, min.85: Pichín.
- CASTRIZ: Adrián, Iván, Martín, Pepe, Dani, Javito (Cilindro, min.70), Prego (Sergio Pose, min.75), David Pose, Sebas, Roberto, Pablo.
- OUTES: Peipo, Damián (Saúl, min.70), Martín Caamaño, Chúa, Martín Lago, Arturo, Poke, Mario, Deivi (Fabio, min.46), Elías, Pesco (Sergi, min.65).
- Goles: 0-1, min.20: Elías tras unha boa xogada combinada; 0-2, min.40: Martín Lago de cabeza a unha falta lateral; 1-2, min.60: Sebas; 2-2, min.70: Pablo.
- Lesión: Deivi resentiuse dun problema nas costelas.
- BUÑO: Juan, Ángel, Rubén, Antelo, Diego, Jorge, Dourado (Bardanca, min.71), Emilio, Víctor, Elías (Juan Antelo, min.63), David Dourado.
- CORME: Suso, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martín (Fran, min.76), Diego (Manu, min.65), Adri, Juan, Lucas, Brais.
- Goles: 0-1, min.15: Juan de vaselina; 1-1, min.60: Víctor.
- DUMBRÍA B: Chupi, Adrián, Vicente (Fernando, min.46), Martín, Cabana, Riki, Pereira, Israel, Josiño, Rodrigo, Isma.
- BAIO: Anxo, José Antonio, Mario (Rubio, min.50), Eloy, Pablo, Iago (Manuel), Norberto (Alberto), Fachal, Jorge (Eloy Malpica), MC, Martín.
- Goles: 0-1, min.10: Martín: 0-2, min.15: MC; 0-3, min.20: MC; 0-4, min.25: MC; 0-5, min.35: MC; 0-6, min.55: MC; 0-7, min.70: MC; 0-8, min.80: Eloy Malpica; 1-8, min.80: Rodrigo.
- Expulsións: os locais Isma e Riki con 5-0, na mesma xogada e por falar.
- 1ª Autonómica: Un derbi de empate.
- Preferente: Un empate e gracias.
- Resultados do #futboldaCosta na primeira fin de semana de outubro.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Unión Club Cee e a SD Sofán.
Gran expectación, coma sempre, nos derbis muradáns, con 300 siarieiros no Xosé Luís Vara Oliveira. Un partido que chegaba no mellor momento dos dous equipos en anos, e que se prevía como intento e igualado. Pero pronto apareceu a figura de Kike Paluca para sentenciar o partido. 3 tantos do ex do Soneira puñan o choque con clara cor blaugrana e os louréans quedaron a mercé da pegada local.
Os visitantes non merecían esa goleada tralo visto no terreo de xogo e cun bo arreón final acurtaron distancias.

Cabana - Sofán (0-0)
Parou o Cabana ao líder e conseguíu sumar o seu primeiro punto da tempada. Os locais conseguiron, ante unhas Redondas cunha boa entrada na xornada dabatina, un xusto empate, amosano unha cara moito máis amable que a das últimas xornadas. Pelexou moito o cadro local, que saíu moi forte aproveitanto o vento a favor. Fernando avisaba de falta e a defensa tiña que sacar o balón baixo paos. Berti e Rubén Rama taén avisaban á meta de Bugy, que estivo acertado toda a tarde.
No ecuador da primeira a SD comezou a estirarse. Iván Rojo, Jacobo e Marcos Pensado, o mellor dos visitantes, fixeron intervir a Añón.
Na segunda o partido rompeuse. Non había medio campo e as ocasións chegaban por ambos bandos cunha dose alta de velocidade e agresividade. Bugy tivo que responder maxistralmente a un disparo envenenado de Fariña, e saindo ós pes de Berti noutra accion perigosa. A Sd tentábao pero Añón mostrouse moi seguro en todas as accions a balón parado. Unha falta lanzada por Ruben Rama lambiu o pao, e Alberto Pensado viu como Añon lle sacaba un balon que levaba marchamo de gol. Nos intres finais, cunha Sd volcada e un Cabana buscando a contra, tivo Jacobo a mais clara para os visitantes, pero Añon rexeitou o seu disparo.
Volantes - Carnota (2-2)

Outro partidazo en Miraflores nun choque de rivalidade coa afección local moi volcada, ante algunha protesta dos visitantes pola presión, por momentos esaxerada, da bancada. Os locais dominaron o control do balón, pero o Carnota a piques estiveron de levar os puntos a pesar de contar coas baixas de Casti e Joselu, que deixan aos de Cambeiro mermados arriba, malia seguir sendo un bo equipo en materia defensiva.
Jacobo Sande puña aos visitantes por diante, e o Volantes tivo que remar contra corriente. Tardou en empatar e o fixo por medio de Seluco cunha falta na que non estivo ben o veterano meta carnotán Luís De la Peña. O pequeno Bernardo volvía colocar á contra por diante aos carnotáns pero xa co tempo cumplido, Jaro asinaba o empate de cabeza.

San Lorenzo - Muros (2-2)
Partido marcado pola actuación abritral que deixou ao Muros con 7 homes durante moitos minutos e aos locais con 10. 5 expulsións que condicionaron o partido pero que non evitaron que a loita se convertise en protagonista. Javi adiantaba aos locais nada máis comezar. Na segunda, o Muros conseguía unha inusual remontada por medio de Sexo e Adrián, pero no último minuto, co partido completamente roto, Fuentefría asinaba o empate final. As expulsións chegaban no último minuto.
Cee - Mazaricos (1-0)

Un solitario gol de Angeliño no comezo do partido foi suficiente para que os de Floreal e José Carlos sumasen unha nova vitoria. E apesar da incertidume do resultado o Mazaricos non inquedou demasiado a meta de Parroto.
Empezou moi intenso en partido e en apenas cinco minutos ambos os equipos enviaron o balón ao traveseiro. Diego por parte local e José Ángel por parte visitante. O Cee, que tivo o dominio do balón en todo momento, adiantábase tras un balón que cede Jorge para Penedo, este ve a chegada de Angeliño que supera a Pego con facilidade. As ocasións seguían caendo ao lado local, Angeliño atópase cun balón e plántase diante do porteiro pero incomprensiblemente o seu tiro vaise desviado. Volvería ter outra clara antes o descanso os de Floreal, un centro de Fer é rematado por Penedo.
Na continuación todo seguía igual e a punto estivo de ampliar a diferenza os ceenses cunha dobre ocasión para Chiru e Angeliño, este último volveu ser un pesadelo para a defensa visitante, demostrando o seu gran estado de forma neste comezo de tempada. A única chegada clara para os visitantes teríaa nas súas botas José Ángel no último minuto, o seu tiro é interceptado por Fiuza, para a tranquilidade da parroquia local.
Corcubión - Zas (2-4)

Nova derrota do Corcubión de Manolín e xa van 4 consecutivas. Os locais foron a remolque durante todo o partido pero tiveron ocasións para quedar cos 3 puntos pero en 10 fatídicos minutos finais deixaron espacalos. Os de Zas se metían por diante en dúas ocasións por medio de Jaime e Pichín, pero Jonnie anulaba a renda. Aí, tralo empate a 2, foi onde o Corcubión tivo o partido na súa man, pero unha desafortunada acción de Jose de Atalaya marcando en propia, e unha contra perfectamente rematada por Pichín, sentenciou o encontro.

Castriz - Outes (2-2)
Partido disputado en San Pedro entre un Castriz que leva un comezo de temporada máis frouxo do esperado, e non acaba de arrincar, i é que ten xogadores importantes lesionados. Os xalleiros intentaron levar a iniciativa do partido a favir de vento pero o Outes estivo mellor na primeira e sobre todo máis acertados. Elías e Martín Lago puñan por diante aos da Serra.
Na segunda metade cambiou a actitude nos rossoneros, e durante moitos minutos dominaron o xogo e remontaron o partido por medio de Sebas e Pablo. Ao final puido pasar de todo e o partido puido caer de ambos lados. Elías e Sergi tiveron boas ocasións para os visitantes, e Roberto tivo a máis clara para os locais pero cando estaba só diante de Peipo mandou alto.
Buño - Corme (1-1)

Partidazo en Xaviña, con ocasións para os dous equipos e que puido caer para calquera lado. A primeira metade foi para os azulóns, que se meteron por diante por medio de Juan e estiveron a piques de ampliar a renda. Pero na segunda, os de Esmorís reaccionaron e foron polo empate. Víctor, como non, empatou, e non asinou o tanto da vitoria de non ser pola boa actuación de Suso.
Dumbría B - Baio (1-8)


Segue o Dumbría B con malas perspectivas e mesmo en perigo. Onte con 12 na convocatoria, os de Ferrío teñen que tirar de xuvenís e non acaban de atopar o seu lugar. Ademais, a can fraco todo son pulgas e na segunda metade tiveron que xogar con 9 polas expulsións de Isma e Riki por protestar, xa co 0-5 no marcador.
MC sitúase como pichichi tras asinar nada menos que 6 goles.