Martes. 14.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Os 3 primeiros abren unha fenda

2ª Autonómica: Os 3 primeiros abren unha fenda
Cee-Sofan-Foto-Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

9 puntos separan a Cee e Baio do 4º clasificado, o Sofán (que precisamente caía no San Paio de Refoxos) o que supón xa unha fenda importante. O líder, a Esteirana, mantense firme a base de calidade e eficacia, e saca á súa vez 6 puntos a ceenses e baieses.

Queda agora un grupo de 10 equipos en 10 puntos, quedando en zona de ninguén, e deixando a parte baixa para 5 equipos: Mazaricos, Montelouro, Outes, Cabana e Dumbría B. Diferente sorte tiveron esta fin de semana o grupo de abaixo. Se o Montelouro rompía unha xeira de 11 derrotas seguidas no derbi ante o Volantes, e o Outes colleitaba unha vital vitoria ante o Buño; Mazaricos, Cabana e Dumbría B non sumaban, quedando agora estes dous últimos nos postos de descenso.

Cee - Sofán (3-0)

  • CEE: Parroto, Nico (Joserra, min.82), Jorgito, Berto, Rafa, Carlos Leis, Penedo (Fiuza, min.70), Diego Cespón, Yayá (Piquero, min.57), Llanero, Víctor (Isma, min.76).
  • SOFÁN: Bugy, Lista, Gus (Suso Docampo, min.46), Juanjo, Diego, Michel, Iván Rojo (Eloy Boedo, min.57), Eloy, Abel (Fran, min.57), Iván Rey, Pikas (Edu, min.57).
  • Goles: 1-0, min.3: Berto tras un córner de Diego Cespón; 2-0, min.26: Penedo tras unha fantástica contra ceense; 3-0, min.40: Diego Cespón de fermosa falta directa.
Cee-Sofan-Foto-Jorge Parri

Un dos partidos máis importantes e igualados da xornada disputábase no San Paio de Refoxos entre o 2º e o 4º da táboa. Pero a SD non se adaotou ben ás grandes dimensións do céspede e sufriu un duro varapao. O Cee saíu a polo partido dende o comezo pero a SD saía algo durmida e permitía que Berto abrise o marcador aos 3 minutos rematando só un córner.

O partido comezaba con Nico facendo moito dano pola banda dereita e Llanero probando a Buguy. Intentábao a SD sendo Carlos Leis o que case marca en propia tras unha internada de Abel. Asinaba o Cee o segundo nunha perfecta contra levada por Leis, Diego Cespón, Yayá e Llanero e que culminou Pependo.

Pero a SD non se daba por vencida. Tomaba algo mando máis polo replegue do Cee que por empurre visitante, pero chegabn varias ocasións para recurtar, como un tiro de Diego que salva Parroto nunha doble intevención, e sobre todo, un penalti que fallaba Abel. Eran os mellores minutos do Sofán, que pedían outro penalti e protestaban un gol anulado por suposto fóra de xogo de Gus.

E a cinco minutos para o final do primeiro tempo, sentenciaba prácticamente o encontro o Cee, Diego Cespón de libre directo supera a Bugy que nada pode facer.
Na reanudación en Cee dedicouse a controlar o partido, Víctor, Llanero e Penedo probaban de novo a un seguro Bugy. O equipo visitante intentaba recordar distancias pero Eloy e Edu atopábanse con Leis e Parroto que despexaban os seus disparos. Anulou o colexiado un novo gol esta vez por fóra de xogo de Edu, pero xa non había folgos.

Buño - Outes (2-4)

  • BUÑO: Brais, Casais, Ángel, Mauri, Rubén, Jorge, Emilio, Juan (Eloy, min.65), Miguel Dourado, Gustavo (Dani, min.46), Víctor.
  • OUTES: Gato, Damián (Ángel, min.75), Borja (Martín, min.70), Arturo, Chúa, Poke, Saúl, Quin (Elías, min.60), Deivi, Migui (Michi, min.85), Pesco.
  • Goles: 1-0, min.3: Jorge dende fóra da área tras unha boa xogada individual; 1-1, min.40: Chúa; 2-1, min.49: Víctor de cabeza tras unha falta; 2-2, min.65: Deivid cun golazo de vaselina; 3-2, min.70: Elías; 4-2, min.85: Migui nunha contra.
  • Expulsión: o local Mauri no min.55.

Importante vitoria o Outes tras 3 derrotas consecutivas que o saca dos postos de descenso directo. Os de Manu Roque, que recuperaban a Gato xusto cando perdía ao meta Víctor, e mais a Elías (falta Peipo) remontaron un choque se puña de cara, e por dúas veces, para os de Esmorís. Jorge facía un deses goles que pouco se ven nos campos da Costa, marcando dende fóra da área tras unha gran xogada individual. E tras unha primeira parte igualada, con alternativas, e moita intensidade por parte dos dous equipos, Chúa facía o empate antes de ir para os vestiarios.

Mesmo guión tralo descanso, co gol do de sempre, Víctor que marca, xoga e fai xogar. Pero a expusión de Mauri foi clave aos 10 minutos, protestada polos locais por considerar que ningunha das dúas tarxetas eran merecedoras de tarxeta, fixo moito dano no cadro malpicán. Tomou o mando o Outes, e achuchou, metendo atrás ao Buño, e marcou dous goles aproveitando sendos balóns ás costas da defensa, que definiron Deivi, con calidade e de vaselina, e Elías. Xa contra o final Migui sentenciaba nunha contra.

Esteirana - Mazaricos (2-1)

Esteirana-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • ESTEIRANA: Benito, Chispi (Pablo Serramo, min.75), Dani Rama, Simón, Roi, Andel (Iago, min.60), Suizo, Uru, Alex, Kike, Adelino (Cajulo, min.70).
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Rodri, Marías, Tubi, Ricardo, Marcos (Ramón, min.75), Estéfano (Molinos, min.85), Esteban (Aldo, min.70), Brais (Cristian, min.70), José Ángel.
  • Goles: 1-0, min.15: Adelino; 1-1, min.50: José Ángel de penalti; 2-1, min.75: Kike baixa un balón e marca un golazo con 4 xogadores arredor.
  • Expulsión: o local Suizo por protestar no min.55 e o visitante Rodri, min.75.
  • Sufriu o líder para superar a un gran Mazaricos que apretou ata o último segundo. I é que non fixo o mellor partido a Esteirana, algo máis espeso do habitual, pero solventou a base de calidade. A calidade, neste caso de Kike Paluca, que baixou un balón cando mellor estaba o Mazaricos, e entre 4 contrarios dentro da área, o colocou onde non chegou ningún defensa.

    A primeira metade foi igualada, e Adelino adiantaba aos locais. Pouco a pouco a Esteirana foise indo arriba. Á volta do descanso o partido daba a volta, empataba o Mazaricos e a Esteirana sufría a expulsión de Suizo por protestar. Tivo un par de boas ocasións para meterse por diante, pero nin José Ángel nin Estéfano estiveron tan acertados como Kike. O partido acababa cunha fea entrada de Tubi a Kike, a pesar de ser un choque bastante limpo.
    Ao final, nun destes choques tan igualados no que puido gañar calquera, sempre gaña o de arriba.

    Esteirana-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

    San Lorenzo - Corme (3-0)

    • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián Varela, Dubra, Casillero, Cachizo, Javi Pensado (Rubén, min.78), Cachizo (Adrián, min.58), Palermo, (Adonis, min.73) Fuentefría, Carliños (Bolón, min.80).
    • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Manu (Abel, min.69), Diego, Adrián Doldán (Chino, min.76), Juan Chans, Lucas, Brais.
    • Goles: 1-0, min.65: Fuentefría; 2-0, min.80: Dubra; 3-0, min.87: Adonis.
    • Expulsión: os cormeláns Lucas (min.75) e Diego (min.84) e o adestrador Lente.

    Tremenda vitoria do San Lorenzo ante un Corme que acabou desquiciado con ata 3 expulsións. A primeira metade foi igualada, cun cadro local aguantando o xogo azulón. Os de Gueli facían fano por arriba e os cormeláns entraban con dificultades na ben prantada defensa carballesa. Na segunda Fuentefría abría o marcador tras un pase da morte, e a partir de aí o Corme desapareceu. Dúas expulsións e dous erros permitiron que o San Lorenzo sumase a súa 3ª vitoria consecutiva, colocándose nunha cómoda 9ª praza mentres o Corme ve como se lle escapan, xa que Cee e Baio xa están a 12 puntos.

    Baio - Muros (6-2)

    Baio-Muros-Foto- Santi Diaz
    • BAIO: Anxo (Guillermo, min.85), José Antonio, Chema, Mario, Pablo (Fredie, min.58), Martín (Jorge, min.88), Alberto, Eloy, Rubio (Cristian, min.71), Norberto, MC.
    • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Paky (Ramón, min.50), Mayuyo, David (Pulpo, min.75), Lisardo, Juanito Murciano (Dani Corniños, min.65), Gelo, Manu Dosil, Jesús, Saúl.
    • Goles 1-0, min.1: Martín; 2-0, min.10: MC; 3-0, min.35: Eloy; 3-1, min.44: Mayuyo; 3-2, min.48: Mayuyo; 4-2, min.51: MC; 5-2, min.76: Alberto; 6-2, min.80: MC.

    Resultado enganoso o colleitado no Platas Reinoso polo 3º clasificado. I é que tras un comezo fulgurante que permitía aos locais meterse 2-0 no marcador en 10 minutos, o Muros espertou e tuteou ao Baio. Así e todo Eloy ampliaba a renda pero Mayu volvía marcar e o facía ao fío do descanso. Nada máis saír dos vestiarios o propio Mayu metía a incertidume no partido, e xusto aí, con 3-2 os muradáns pediron un penalto que o colexiado non viu. Unha xogada que sacou aos muradáns do partido, que tamén pedían fóra de xogo no 4º e defintivo gol.

    Ao final, o Baio dábase un festín cun novo hat trick de MC.

    Baio-Muros-Foto- Santi Diaz

    Corcubión - Carnota (2-1)

    • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel, Julito (Alan, min.46), Lema, Senra, Sebas, Pablito Lestón, David Lourido, David de Muxía, Cristian, Mario (Johny, min.70)
    • CARNOTA: Luis de la Peña, David de Brea, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, Andrés Fandiño (Urko, min.80), Jacobo, Pumuky, Boni, Rodrigo Lobelos, Bernardo (Miki, min.11) (Martín Piñeiro, min.80), Pablo Beiro.
    • Goles: 1-0, min.44: Mario aproveita un rexeite tras un vaselina de Cristian que peta no longueiro; 2-0, min.60: David de Muxía a centro de Lourido; 2-1, min.75: Jacobo.

    5º partido sen perder e 3ª vitoria consecutiva que suma o cadro de Manolín. Un Corcubión que pasa por un dos seus mellores momentos da tempada e xa está nunha comodísima 8ª praza tras vencer ao Carnota, unha das revelacións da temporada, do que queda a tan só 1 punto.

    Foi un partido vibrante, intenso como non podía ser doutro xeito entre dous equipos con Manolín e Cambeiro no banco. Os locais tiveron máis acerto, sendo clave o gol de Mario ao fío do descanso, nun destes partidos que o que marca primeiro ten moito gañado.

    David de Muxía, clave nas últimas xornada, ampliaba a renda na segunda metade, e o Carnota foise arriba. Con Jacobo como referencia o cadro carnotán buscou o empate. Foi o propio xogador ceense o que recurtaba e foi Pumuky o que tivo o empate nas súas botas, pero non estivo acertado.

    Volantes - Montelouro (2-3)

    Volantes-Montelouro-Foto- Edu Olveira
    • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Santi, Javi de Baño, Adrián, Mingos, Nacho (Ivi, min.60), Pardelo (Fran do Español, min.74), Chenel, David.
    • MONTELOURO: Isma, Álvaro, César, Pedro de García, Pablo (Raúl, min.75), Fernando, Chema, Edu (David, min.70), Isma de Cosme (Ancho, min.55), Pesco (Pepiño, min.80), Chumy.
    • Goles: 1-0, min.60: Santi; 2-0, min.65: Chenel; 2-1, min.75: Edu; 2-2, min.85: David; 2-3, min.92: Ancho.

    Tras 11 derrotas consecutivas o Montelouro volvia á senda da vitoria ante o Volantes. O seu no comezo de tempada fai que aínda non estea en postos de descenso pero a súa situación segue a ser complicada. Onte sufríu para levar os 3 puntos no derbi de Miraflores, coma sempre, ante unha marea de afeccionados dos dous bandos, xa que son das afeccións máis numerosas e bulliciosas da Liga da Costa.

    E tivo que remontar o cadro visitante dous goles. Santi e Chenel metían ao cadro local por diante faltando só 25 minutos para o final. E o Montelouro, no canto de caer na rutina da derrota e deixase caer, creu na remontada e a conseguíu en 15 minutos de rabia. Edu recurtaba, David aproveitaba un erro da defensa laranxa, e xa co tempo cumplido, Ancho facía estoupar aos siareiros que máis devecían pola vitoria.

    Volantes-Montelouro-Foto- Edu Olveira

    Dumbría B - Zas (1-6)

    • DUMBRÍA B: Fher (Fernando, min.55), Jesús da Anchoa, Tati, Alcaina, Dudo, Pereira, Toja, Josiño, Álex Siaba (Santi, min.55), Rivas, Javi.
    • ZAS: Elías, Martín (Amado, min.60), Lagoa, Óliver, Pereiro, Diego, Peke, Rubio, Jaime, Pablo, Pastor (Quintáns, min.70).
    • Goles: 0-1, min.15: Pastor; 0-2, min.30: Jaime; 0-3, min.50: Peque; 0-4, min.60: Jaime; 0-5, min.70: Pablo; 1-5, min.75: Alcaina; 1-6, min.90: Rubio.
    • Lesión: O meta local Fher cun problema no xeonllo.

    Dura derrota do pechacancelas ante o Zas. O filial dumbriés non acaba de atopar o campo da vitoria e malia as novas incorporacións procedentes do filial fisterrán non acaba de estoupar. Ademais, o problemas crecen e o meta Fher tivo que saír cunha posible grave lesión no xeonllo. Con Fernando baixo paos, o cadro local recibiu outro par de goles tras unha mala primeira metade.

    Cabana - Castriz (1-2)

    • CABANA: Añón, Ismael (David Sande, min.55), Marcos, Iván de Treos, Eloy (Adrián Rama, min.70), Fariña, Adao (José, min.75), Sandro, Rubén Rama, Manolo (Fernando, min.80), Berti.
    • CASTRIZ: Toño, Pose (Branduce, min.70), Bruno, Alejandro, Prego, Pepe, Javi (Muni, min.60), Luisito, Rubén (Martín, min.65), Sebas y Roberto (Iván, min.80).
    • Goles: 1-0, min.35: Manolo do Cruceiro; 1-1 min.40: Roberto; 1-2, min.65: Roberto.

    Dura derrota do Cabana que se mete en postos de descenso e permite que o Castriz saia do grupo de abaixo. E iso que foi un partido moi disputado, e que comezaba co Cabana poñéndose por diante co tanto de Manolo do Cruceiro aproveitando un erro do meta xalleiro. Pero o Castriz, que amosaba a súa cara boa, empataba antes do descanso.

    A segunda foi de novo un partido disputado, que acababa cun gol visitante que aproveitaba un erro da defensa local para quedar cos 3 puntos.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios