Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Outes e Porteño aproveitan a calor

2ª Autonómica: Outes e Porteño aproveitan a calor
Cee-Zas-Foto-Jorge-Parri.

Esta 3ª xornada estivo marcada pola forte calor en todos os campos. 30º non son moi recomendables para xogar e así e todo se viviron bos encontros. Cómpre salientar que Outes e Porteño seguen mandando na clasificación, con 9 puntos, e tras doblegar xa a algún rival máis que potente. Así, a vitoria do Outes en Ara Solis é máis que destacable, ao tempo que o Porteño facía o propio no Novo Cubaleiro.

Boa imaxe a que deixou o Castriz en Miraflores e o Sofán no forno do Carral. Dous aspirantes que xa aparecen aí arriba. E preto xa está o Cee, que vencía ao Zas nun choque moi igualado xa no tempo engadido.

Por abaixo, seguen sen puntuar Independiente e Cabana tras caer en Buño e ante o Volantes.

Fisterra - Outes (1-3)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Munitis, Manuel, Robertín (Dani, min.85), Tati (Guardiola, min.50), Roco, Antonio (Bebeto, min.80), Aitor, Mané, Bruno.
  • OUTES: Gato, Saúl (Elías, min.46), Borja (Damián, min.70), Rubén, Chúa, David (Migui, min.55), Martín, Chía, Quin (Michi, min.75), Piki (Mosto, min.80), Arturo.
  • Goles: 0-1, min.2: Piki tras unha fermosa finta a Joselu; 0-2, min.4: Arturo a pase de Quin: 1-2, min.25: Mané; 1-3, min.85: Migui de vaselina.

Primeiros 20 minutos espectaculares con gran ritmo por parte dos dous equipos e ocasións nas dúas áreas. Pero a clave foi o acerto e o Outes está impresionante neste arranque de campaña. Non fallan unha os puntas de Manu Roque e aos 5 minutos xa endosaran 2 a Joselu.

Tivo máis o balón o Fisterra, e máis ocasións, pero o Outes estivo máis resolutivo e marcou 3 verdadeiros golazos. Ademias pelexaron os de Manu Roque dun xeito impresionante, e aguantaron as embestidas de todo un Fisterra. Recurtou Mané no ecuador da primeira e foi unha hora de acoso fisterrán, mesm cun balón ao longueiro. Pero non acabou de empatar e xa cando as forzas baixaron, Migui facía a sentencia nunha contra cunha fermosa vaselina.

Corcubión - Porteño (2-4)

Corcubión-Porteño
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Trillo (Villar, min.57), Rafa, Gabi (Alberto, min.46), Balucho, Alán, Edu, David (Senra, min.46), Lema, Mario Lucas.
  • PORTEÑO: Jimy, Gabi (Elvis, min.82), Pejo, Iago, Manuel (Juan Antonio, min.60), Doyle, Carlos (Maikel, min.70), Felipe, Óscar, Meular (Marcos, min.65), Varela.
  • Goles: 0-1, min.10: Carlos de penalti; 1-1, min.20: Mario; 1-2, min.27: Óscar tras unha contra e pase da morte de Felipe; 1-3, min.35: Doyle de cabeza; 2-3, min.41: Alan de penalti; 2-4, min.51: Carlos de penalti.
  • Lesión: Meular.
  • Expulsión: o local Senra e o visitante Varela nunha tangana (min.60) e o local Alan (min.75).

Partido con alternativas que levou un Porteño que segue sorprendendo neste debut na categoría. Comezaba o choque co cadro visitante máis enriba do cadro local. Metíase moi pronto por diante cun dos 3 goles de penalti da tarde, e Meular avisaba cun par de balóns ao pau, Óscar cun man a man que salvaba Abelleira e un Iago que mandou fóra dende dentro da área pequena. O Corcubión foise quitando o dominio e conseguiu empatar pero en dous arreóns o Porteño metía dous tantos máis. Antes do descanso, un novo penalti metía ao Corcubión no partido.

Empezaba a segunda metade como remataba a primeira, dende os 11 metros para que o Porteño ampliase de novo a renda. Co 2-4 chegaron os últimos 15 minutos nos que apretou o Corcubión, a pesar de quedar con 9, e o Porteño acabou sufrindo pero sempre con dous tantos de vantaxe que daban certa tranquilidade.

Corcubion-Porteno-Alan-marca-de-penalti

Cabana - Volantes (1-2)

Cabana-Volantes-Foto-David Castro
  • CABANA: Añón, Dani Mato, Isma, David Sande, Iván de Treos, Rubén Rama, Fernando (Eloi Pereira, min.57), Sandro, Berti, Josiño e Adán.
  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan, Yeray (Pardelo, min.68), Mingos (Kukurro, min.93), Maikel, Miguel, Ivi, Yago, Piru (Gabri, min.75), Cajulo (Nacho, min.73) e Vidal.
  • Goles: 0-1 m.25: Córner botado por Cajulo, que remata Ivi, ao fondo das mallas, libre de marca. 1-1 m.68: Apertura á banda, de Rubén Rama, para Eloy Pereira, que pon o centro para Josiño, que peina no primeira pau e Berti remata a gol no segundo. 1-2 m.88: Falta colgada por Miguel á área e Josiño introduce o balón na súa propia portería.
  • Árbitro: Carlos Martínez Rodríguez (A Coruña). Moi mal e moi protestado por ambos bandos.

Choque de estilos o que puidemos ver no partido disputado na tarde do sábado no Municipal das Redondas (Cabana de Bergantiños). Mentras os locais buscaban un fútbol de toque e máis vistoso, os pupilos de Álex Romero intentaban crear perigo cun fútbol máis directo, con transicións rápidas e contragolpes.
Comezaba avisando o Cabana aos catro minutos do comezo do encontro. Berti, tras unha melé na área visitante, lanza o balón contra o longueiro. Pero respondería Ivi cun gran lanzamento que se encontrou cunha mellor resposta de Añón, que enviaría a córner. Fruto dese saque de esquina chegaría o primeiro gol da tarde. Kajulo poñería o balón na cabeza de Ivi para que este libre de marca rematase ao fondo das mallas para poñer en vantaxe ao equipo de Baño.
Respostaría Adán, que tras recibir libre de marca no segundo pau, sacaría un gran lanzamento con rosca que se escacharía contra o longueiro.
Dous minutos antes do tempo de lecer, habería a primeira polémica do encontro. Os cabaneses pedirían a expulsión de Piru por unha patada dende o chan a Berti.

Tras á volta do descanso, durante os primeiros 20 minutos habería demasiado centrocampismo sin ocasións claras de gol. Teríamos que esperar ata o minuto 64 para ver a primeira e sería a balón parado, un libre indirecto, lanzado por Kajulo, que se foi rozando o pau da portería defendida por Añón.
Nesta segunda metade, foi clave para os locais a entrada de Eloi Pereira, que nos minutos que estivo no terreo de xogo, foi un continuo perigo para a defensa do Volantes. Cada internada por banda do cabanés, contabilizábase por ocasión de gol. No minuto 68, Rubén Rama rouba en medio campo e fai a apertura á banda para Eloi, éste pon un gran centro, Josiño peina no primeiro pau e Berti, libre de marca, remata ao fondo das mallas no segundo.

Seguiría o Cabana en busca do partido creando unha ocasión tras outra. Tras unha gran xogada colectiva dos locais, Berti toca para Adán pero o remate deste é repelido a córner por Rubén Santos. Logo dun córner sacado en corto para Berti, que á reviravolta saca o centro e Iván de Treos, libre de marca e con todo ao seu favor, cabecea por riba do longueiro. Un minuto despois, roubo de Josiño en mediocampo, apertura á banda para Eloi que gaña a liña de fondo e pon o pase da morte para Berti pero Maikel despexa a córner in extremis.
Antes do gol, Nacho tería o 1-2, logo dunha mala cesión de Iván de Treos, que deixa ao xogador do Volantes só ante Añón, pero o porteiro cabanés sae victorioso do man a man cunha gran parada. Pero no minuto 88, tras unha falta colgada por Miguel á área, o local Josiño peinaría o esférico a súa propia porta para facer o 1-2 definitivo.
Co tempo xa cumprido, os das Redondas pedirían a expulsión de Maikel por unha feísima entrada a Rubén Rama, que tamén sairía mancado nun xeonllo minutos despois logo dun choque con Miguel.
Demasiado castigo para os locais que tras o visto durante o encontro mereceron, polo menos, o empate.

Cabana-Volantes-Foto-David Castro

Sofán - Carnota (2-0)

Sofan-Carnota-Foto-sdsofan.com
  • SOFÁN: Dani, Cantudo, Diego (Alberto, min.55), Eloy, Pablo, Jorge, Martin, Rey, Rojo (Brais, min.55), Suso (Marcos Pensado, min.55) e Raúl.
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Pablo Pichín, Manolo Chouza (Pablo Beiro, min.46), Boni (Urko, min.55), Nakata, Pumuky (Adrián, min.70), Poyo, Rodri, Manuel Luís (Elías, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Rojo a pase de Iván Rey; 2-0, min.85: Brais.
  • Lesión: Manolo Chouza.

Tremenda tarde de calor con máis de 30º no Carral. Comezaba o partido a bo ritmo, cunha SD dominando e un Carnota aguantando e buscando as contras. Rojo avisaba pero Luís De la Peña estaba seguro. Pronto era o propio Rojo o que abría o marcador, e de novo avisaba cunha vaselina e Pablo Pichín tiña que salvar un man a man de Raúl tras superar ao porteiro en liña de gol.

O Carnota estirábase e agora é a SD que buscaba ás contras. Durante moitos minutos o Carnota tomou mando do balón, pero apenas tivo arrestos para chegar arriba con claridade. Segue sen definición arriba o cadro de Cambeiro que adoleceu de mordente e acabou pagándoo cos puntos.

Sofan-Carnota-Foto-sdsofan.com

Muros - Castriz (0-2)

Muros en Miraflores-Foto-Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Ramón, Pedro de Nieto (Paky, min.75), Teo, Dani, Elisardo (Javi de Vístete, min.70), Gabo (Juanito, min.20), Gelo, Piti, Bibi (Yanki, min.55), Sexo.
Castriz en Miraflores-Foto-Jorge Parri
  • CASTRIZ: Juan, Martín (Esteban), Agra, Alberto, Alex, Rubén (Fabio), Chinda, Cilindro, Bruno, Sergio (Pichín), Marqués (Anxo).
  • Goles: 0-1, min.20: Alex; 0-2, min.30: Alex de tiro.
  • Lesión: os muradáns Gabo e Bibi.

Moita calor tamén en Miraflores, que recibía a un Castriz que vai en serio. A proposta de Corredoira está sentando ben no equipo rossonero, e foi superior a un Muros que está desexando que rematen as festas para empezar por fin a temporada. Moi bo partido do Castriz, que, sobre todo na primeira metade, marcou un ritmo moi alto marcando os dous tantos na primeira media hora.

O Muros intentou aguantar o temporal, e a partir de aí intentou chegar arriba. Pero só facía dano a balón parado. Na segunda, o partido estivo algo máis igualado, xa co 0-2 no marcador, o Castriz baixou o ritmo, o Muros intentou pegar o arreón pero sen fe. Parece que os Piti, Gelo, Bibi, Sexo e Yanki aínda teñen que collela forma.

Muros-Castriz-Foto-Jorge Parri

San Lorenzo - Mazaricos (1-2)

  • SAN LORENZO: Gabriel, David Álvarez, David Leis, Sergio, Casillero, Anxo, Chucho (Chucho, min.80), Schuster, Fuentefría, Javi (Velo, min.40), Joaquín (Dani, min.60).
  • MAZARICOS: Davicín, Chico (Rodri, min.75), Casais, Matías, Martín (Ramón, min.85), Oreiro (Coxo, min.70), Estéfano, Ricardo, Molinos (David, min.65), Sandelo, Pereiro.
  • Goles: 0-1, min.18: Matías tras un córner; 1-1, min.44: Joaquín de penalti cometido sobre el mesmo; 1-2, min.73: Ricardo de novo nun barullo a saída córner.
  • Lesión: Javi cun golpe.
  • Expulsión: Casillero no min.55.

Boa primeira metade do San Lorenzo ante un Mazaricos que saía algo durmido. Joaquín, Javi e Chucho tiveron casións, coma un tiro de Chucho que pegou nos dous postes e varias xogadas a balón parado. I é que foi un partido de moito balón aéreo, e moito salto de cabeza.

Comezou a estirarse o Mazaricos, que aos 20 minutos se adiantaba por medio de Matías á saída dun córner. Empataba ao fío do descanso o San Lorenzo, e a segunda comezaba con algunha ocasión dos locais. Pero a raíz da expulsión de Casillero foi clave para o desenlace do choque. O dominio tornouse amarelo creando iso si, só ocasións a balón parado. Así chegaría o gol da vitoria, tras un barullo na área á saída dun córner.

Cee - Zas (1-0)

Cee-Zas-Penedo-Foto-Jorge-Parri
  • CEE: Lourido, Nico, Jorgito, Fiuza (Carlos Leis, min.61), Berto, Jacobo, Piquero, Penedo (Llanero, min.66), Cristian (Yayá, min.89), Diego Cespón, Rodri (Josiño, min.46).
  • ZAS: Miguel, Lagoa (Fabián, min.89), Pereiro, Oliver, Víctor Vecino, Canedo, Peque, Jaime (Pastor. min.89), David Blanco (Damián, min.65), Pablo (Mario, min.75) e Isma.
  • Goles: 1-0, min.93: Llanero.
Moita-calor-no-San-Paio-de-Refoxos-Foto-Jorge-Parri

Partido marcado pola intensa calor entre dúas dos candidatos ao ascenso. O Zas tivo o control na primeira metade e o Cee as ocasións na segunda, decidíndose o partido na última xogada.

Levou a iniciativa nos primeiros corenta e cinco minutos o Zas creando perigo a balón parado pero a ocasión máis clara seria para o Cee, tras un xogadón de Diego Cespón que se vai de dous adversarios e o seu centro a Penedo é sacado en liña de gol, en dúas ocasións, pola defensa visitante.

Jaime avisaba á volta dos vestiarios das intencións do Zas pero o pau repelía o disparo. O Zas seguía creando perigo coa velocidade dos seus dianteiros. Aos vinte minutos empezaron a chegar as ocasións ceenses. Outra gran xogada de Diego Cespón non atopaba rematador, un Diego que probaba tamén dende fóra. Xa co tempo cumprido, e cando ambos equipos daban por bo empate, unha boa xogada de Yayá é culminada Llanero dando a vitoria e os tres puntos ao Unión.

Buño - Indep. Carballo (3-1)

  • BUÑO: Brais, Rubén, Ángel, Diego, Fran, Dani Calvete, David Dourado (Casais, min.75), Miguel Dourado (Eloy, min.46), Charro, Elías (Martín, min.80), Víctor (Gurita, min.60).
  • IDC: Noé, Jonathan (Dani, min.70), Seo, Atu (Castro, min.75), Gato, Carlos, Fraga (David, min.60), Cholo, Manuel (Esteban, min.46), Michel (Belarmino, min.46), Juni.
  • Goles: 1-0, min.25: en propia meta; 2-0, min.27: Charro; 3-0, min.40: Elías; 3-1, min.85: Juni.

Comezaba o partido cun Independiente aguerrido indo polo partido. E tivo varias ocasións para meterse por diante, e mesmo pediron un penalti, pero foi o cadro local o que tivo máis acerto cara gol, e sen ser superiores, en apenas dous minutos, dous tantos daban unha volta ao partido.

Así, con 3-0 ao descanso, sen merecelo, os carballeses non desesperaron e na segunda buscaron recurtar. Pero o ritmo decaeu pola calor. Malia dominar e ser mellor o cadro de Rafa non conseguiu demasiado crear demasiado perigo,

Corme - Camelle (4-4)

  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro (Diego, min.55), Jesús, Dani (Antonio, min.77), Sergio, Juan, Adri (Manu, min.73), Alejo, Brais (Miguel Torrado, min.35), Lucas.
  • CAMELLE: Ángel, Dido, Valiña, Iván, Matías, Super (Ángel Riveiro, min.55), Mario, Miguel Riveiro, Javi Rañal, Adrián (Sergio, min.60), Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.22: Alejo; 2-0, min.32: Alejo de penalti; 3-0, min.44: Alejo de penalti; 4-0, min.50: Alejo; 4-1, min.56: Barreiro de penalti; 4-2, min.66: Barreiro; 4-3, min.73: Sergio; 4-4, min.89: Mario tras un barullo.
  • Expulsión: Ángel no min.32.

Menudo partido de tolos no Cairo, con polémica, e remontada insólita. 4-0 se puña o Corme por diante machacando na primeira metade ao cadro camellán, cun Alejo espectacular. Pero xa á media hora o colexiado comezou a complicarse. Expulsaba ao meta camellán ao facer un penalti e nas protestas un balón pegáballe na cara. O colexiado ía expulsar a outro xogador, e marchou aos vestiarios, paralizando o partido. Logo da intervención do capitán cormelán, Alejandro, que lle dixo que non lle tirara o balón a propósito, o árbitro voltou ao campo, non expulsou a ningún outro xogador e o partido continuou.

Tivo que colocarse un xogador de porteiro pero aínda así o cadro visitante botou todo para remontar. Moito mérito, moita brega e algo de xogo brusco para acadar a remontada por parte do cadro visitante. Meteron o balón arriba, e pasaron por riba do Corme nos últimos 20 minutos. Barreiro marcou dous, Miguel mandou ao longueiro, e Sergio metía o 3º e se metía ao partido. Mario marcaba o empate a falta de 7 minutos e aínda tivo o Camelle a ocasión final tras un rebumbio dun balón alto.

Toda unha épica remontada que deixa ao Camelle con 3 empates en 3 partidos.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios