Domingo. 28.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Os de arriba xa sofren e o resto loitan por entrar entre os 6 primeiros

3ª Autonómica: Os de arriba xa sofren e o resto loitan por entrar entre os 6 primeiros

Comezaba a xornada coa nova dun ano de sanción para Papi, que lle "levantaba a man" á xornada anterior a un colexiado. Pero no deportivo o Muxía vencía ao Xaviña e se coloca para meterse entre os 6 primeiros. I é que a loita pola 5ª e 6ª praza estará dura. Ademais dos tres primeiros, o Cerqueda parece firme na 4ª praza, pero o Soneira B, tras caer ante o Camelle, terá que loitar cun nutrido grupo de perseguidores. I é que ata 5 equipos en 1 punto, pero é que do 6º ao penúltimo só hai 7 puntos.
Agora está o Muxía empatado a 20 puntos co Lira (polos 2 menos pola sanción do partido na Ponte, pero que xa recurríu), e co Nantón, que empataba co Baíñas; a 1 o Ameixenda, con 19; Baiñas, con 17 e Laxe e Xaviña con 16.

Pero por arriba empezan a sufrir os poderosos. O líder, o Porteño sufría co pechacancelas, e só gañaba no minuto 101. O IDC sufría para sacar un empate en Laxe, mentres que o Camelle si que se amosaba forte en Vimianzo ante o Soneira B.

Soneira B - Camelle (1-4)

O Camelle foi o único dos de arriba que gañaba con tranquilidade ao Soneira B-Foto- Jorge Parri
  • SONEIRA B: Martín, Chuchi, Alberto, Chans, Curra, Christian (Pichón, min.77), Quilmes, Borjita, Chino (Christrian, min.60), Richi, Wii.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Valiña, Manuel, Matías, Varu (Álvaro Pantera, min.79), Mario, Jose (Adrián T., min.58), Miguel (René, min.77), Javi Rañal (Sergio, min.77) e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.15: Barreiro; 0-2, min.20: Miguel Riveiro; 1-2, min.25: Wii; 1-3, min. 26: Javi Rañal; 1-4, min.75: Barreiro a pase de Mario.
  • Expulsións: o adestrador local José Ángel e o xogador local Wii.

Un comezo fulgurante do Camelle en Vimianzo acabou cun dos partidos máis agardados da xornada. Pero é que o Camelle está moi serio e en 25 minutos xa se colocara 1-3, con boas combinacións do tridente camellán, Barreiro, Miguel Riveiro e Javi Rañal, que desarbolou, sobre todo na primeira media hora, a nova defensa vimiancesa. Iso si, entre o 1-2 de Wii e o 1-3 de Javi Rañal, Porrúa tiña que salvar o gol da igualada que podería ter cambiado o rumbo do partido.

Pouco a pouco o cadro de José Angel foi tomando o control do balón e como lle gusta comezou a tocar pero sen demasiada profundidade ante un Camelle que xa se prantou con firmeza e non permitiu ocasións claras.

Soneira B-Camelle-Foto- Jorge Parri

Laxe - Indep. Carballo (2-2)

  • LAXE: Illote, Adrián Porteiro, Naya, Pailos, Jacinto (Roi, min.85), Borja, Gora, Mandi (Ventura, min.60), Manuel Saleta, Felipe, Martín (Samuel, min.60).
  • IDC: Iván (Noé, min.75), Velar, Dani Rosalia, Castro (Adrián, min.70), Jonathan, Carlos, Cholo, Míchel (Brais, min.60), Ivi, Benítez, Juni.
  • Goles: 1-0, min.5: Felipe; 1-1, min.15: Ivi; 2-1, min.40: Martín; 2-2, min.55: Cholo.
  • Expulsión: o míster laxense Lilo na primeira e o míster carballés Da Silva.

Conseguíu un gran empate o Laxe ante un IDC que chegaba moi forte. Era o Laxe, que está experimentando unha gran melloría dende a ichaxe de Gora no medio campo e as incorporacións dos xuvenís Manuel Saleta e Martín, o que se adiantaba por medio de Felipe aso 5 minutos. Pero de contado Ivi anulaba a renda.
Seguía o partido sen dominador claro e era Martín, ao fío do descanso, o que adiantaba ao Laxe de novo.

Na segunda o IDC polo partido e pronto Cholo empataba e marraba unha para poñer aos carballeses por diante diante de Illote. Á contra tiña o Laxe as ocasións máis claras, e controlaba o tempo do partido cortando as xogadas ofensivas dos visitantes. Contra o final, Felipe tivo o gol da vitoria para os locais, pero quedou o empate no marcador.

Ambos quedaron descontentos co colexiado, e os dous adestradores foron expulsados.

Nantón - Baíñas (2-2)

  • NANTÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Rubén, Luís, 10 Martín, Cachi. 12 Dani Costa, 14 Iván, 15 Eloy, 16 Dani.
  • BAÍÑAS: Simón, Samuel, Sergio, Sancho, Héctor, Iván (Suso, min.55), Dani (Fernando, min.46), Cristian, Esteban, Yanki, Taski.
  • Goles: 1-0, min.5: Fabio de saque de esquina; 2-0, min.22: Cachi fusila a bocaxarro tras un gran pase de Luís; 2-1, min.30: Yanki; 2-2, min.55: Taski.

Partido moi equilibrado e de brega nas Fontiñas, cun campo tremendamente enlamado sobre todo na segunda, e que facía que os erros foran os protagonistas. Comezou o Nantón pegando e aproveitando mellor os erros do rival. E tivo o balón nos primeiros compases e antes do 2º tanto xa avisaba Félix das intencións locais pero o seu remate o sacaba un defensa baixo paos. Así e todo, o Baíñas, que cando conta coa dianteira titular é temible, avisaba. Recurtaba precisamente Yanki á media hora tralos goles de Fabio e Cachi, aproveitando un erro de Bonano.

Tralo descanso o Baíñas comezou a reaccionar e na saída dun corner os de Vimianzo piden penalti por man de Cachi, pero o árbitro pita man ó borde da área. Tralo saque da mesma Taski fai o 2-2. A raiz do empate o Nantón volveu entonarse e tivo varias ocasións claras a tiro de Luís primeiro e de Fabio despois. En ámbalas ocasións chapou ben o porteiro do Baíñas Simón. Tamén os de Baíñas tiveron as súas cun remate de cabeza ó borde da área pequena que sae lambendo o pau e cunha contra que remata con tiro que se vai fóra por pouco.
A entrada de Iván dalle máis mordente ós de Nantón que pechan ós de Baiñas na súa área. Froito desta presión o propio Iván ten dúas boas ocasións nun tiro que chapa o porteiro e nun man a man que tamén desbarata o porteiro. Xa no último suspiro intentouno o Baiñas ó que lle anularon un gol en fóra de xogo.

Ó final xusto reparto de puntos nun partido moi disputado cun terreo de xogo moi enlamado.

Castrelo - Porteño (2-3)

  • CASTRELO: Roberto, Gus, Mario, Felipe, Dieguto, Conexo, Estebo, David, Litos, Isma, Germán.
  • PORTEÑO: Pablo, Asier, Pejo, Iago, Cousillas (Óscar, min.46), Ismael, Mario Toja, Búa (Yuyo, min.60), David Toja, Brais (Jose, min.60), Bieito.
  • Goles: 1-0, min.5: Isma; 1-1, min.30: Bieito de tiro raso; 2-1, min.35: Conexo; 2-2, min.85: Mario Toja de falta; 3-2, min.98: Asier tras un pase interior coa axuda da defensa que non sen entendía co porteiro.
  • Expulsión: o delegado da Ponte Javi Baña.

Emocionante artido xogado no Municipal de Vimianzo tras cambiar a orde. E foi un mal partido do líder e un gran partido do pechacancelas, que vai a máis, pero o resultado acabou de cara para os de arriba, sendo iso si, o partido máis complicado do que leva o Porteño en toda a tempada.

O Porteño dominaba pero o Castrelo, moi firme, se metía por diante, e aproveitaba os erros da defensa do Porteño. Recurtaban os da Ponte, pero quedaba unha longa hora de continuos paróns, cun Castrelo defendéndose con armas e dentes.
A ansiedade ante as ocasións falladas facía mella nun Porteño que non daba o partido por perdido, con Bieito e Mario Toja levando o equipo as costas e un David Toja poñendo as notas de calidade. E cando quedaban 5 minutos Mario Toja marcaba unha bonita falta, e cando pasaban 10 minutos dos 90, Asier, xa ao Alexanco, marcaba un gol nunha internada.

Ao final, ningún dos dous quedaron contentos co colexiado, uns polo gol anulado e outros polo exceso de desconto, e ambos pola lixereza ao sacar as tarxetas. Queixáronse os locais que os da Ponte non devolveron o balón en dúas xogadas que o Castrelo mandou o balón fóra para atender a varios xogadores.

Coristanco - Lira (2-1)

  • CORISTANCO: Fredi, Rubén, Jonathan, Navarro, Cristian, Iván, García (Alexis, min.65), Marco, Cancela (Juan, min.55), Damián, Gonzalo (Suárez, min.75).
  • LIRA: Garrido, Xabi, Fran de Muros, Isma, Michelón, Suso Patachín (Saúl, min.70), Manolo de Abelleira (Abel, min.55), Miguel, Germán, Suso Perico, Oliver.
  • Goles: 1-0, min.25: Gonzalo; 1-1, min.38: Oliver tras varios rexeites; 2-1, min.85: Rubén de cabeza nunha xogada ensaiada.

Gran partido do noviño Coristanco ante un Lira moi pasota e sen demasiada ilusión. Rochiciolo tivo que aliñar ata 7 xuvenís ante a desbandada dos máis veteranos, pero o Lira non puxo toda a carne no asador e deixou pasar media hora antes de empezar e só Garrido safaba dunha dura derrota. Gonzalo adiantaba os locais, e acabando a primeira Gonzalo tivo un man a man pero mandou fóra na mellor ocasión, para marcar o 2-0. Co gol espertou algo o cadro liracho, e Oliver empatou tras fallar varias ocasións.

A segunda foi intensa. Marco fallou na segunda nun Coristanco que seguíu loitando toda a segunda e metade ante un Lira que seguia sen poñer intensidade nin gañas.
Pero co segundo gol, xa contra o final e por medio de Ruben nunha boa xogada ensaiada, espertaron definitivamente os visitantes e nos últimos 5 minutos se puxeron o mono de traballo, pero xa non se podía facer o que non se fixo en 5 minutos o que había que facer en 85.

Alcaián - Fisterra B (2-1)

Alcaián-Fisterra B - Foto-Dani Facal
  • ALCAIÁN: Fernando, Pombo, Lino, Marcos (Corral, min.46), Martínez, Framil (Pistolas, min.60), Dani, Daviciño, David, Marqués, Iván Souto.
  • FISTERRA: Didier, Sheg, Dani, Juan, Jorge, Estrella, Mario, Noé, Iago, Manute, Juanjete.
  • Goles: 1-0, min.20: Daviciño de falta; 2-0, min.30: David dende fóra; 2-1, min.60: Estrella de tiro dende fóra.
  • Expulsión: o míster fisterrán Borrasca.

Partido igualado, cun Fisterra que chegaba con 11 xustos e se atopaba cun campo impracticable, encharcadísimo. O cadro local adaptouse mellor e sacou o partido adiante. O Alcaián meteuse por diante con 2-0, aproveitando ben as dúas ocasións máis claras da primeira metade na que dominaron lixeiramente o balón.

Na segunda mellorou o Fisterra, e apretou bastante, pero non foi suficiente, pois malia non ter demasiadas ocasións claras, si que amenazou a vitoria local tras recurtar por medio de Estrella. Moi boa arbitraxe coincidiron ambos conxuntos.

Xaviña - Muxía (1-3)

  • XAVIÑA: Maradona, Chiriví, Esteban, Caamaño, Juan Antonio (Ghallegho, min.55), Alberto (Moro, min.75), Gatusso (Martelo, min.70), Felipe, Borja, Frutos, Correos (Pekenao, min.65).
  • MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní, Martín, Currás, Pesqui, Juan (Pataca, min.70), Julián (Adrián Alcaina, min.60), Alberto, Lagoa (Carrera, min.85), Adrián Negro, Javi (Pardelo, min.80).
  • Goles: 0-1, min.30: Adrián Negro; 0-2, min.35: Lagoa; 0-3, min.60: Adrián Negro de falta; 1-3, min.80: Esteban.
  • Expulsión: o muxián Pataca min.88.

Bo partido do Muxía no primeiro partido sen Papi. I é que Papi, que lle daba unha labazada a semana pasada a un colexiado, e ten nada menos que un ano de sanción. Será Suso da Dorna o que dirixa o equipo dende o banco baixo as directrices de Papi.

No partido o Muxía se metía por diante con 5 grandes minutos á media hora. Xa avisara o cadro muxián con tres longueiros de Juan, Lagoa e Alberto, pero eran Adrián Negro e Lagoa os que marcaban. Foron dúas xogadas e a partir de aí o Xaviña xa se lle puxo demasiado costa arriba. O propio Adrián Negro ampliaba a renda pero o Xaviña contra o final se meteu no partido e incomodou nos últimos minutos.

Cerqueda - Corcoesto (3-1)

  • CERQUEDA: Rubén (Costa, min.46), Bastón (Maikel, min.84), Javi, Ato, Javi Pazos, Dani, Manu, Dani Seaia, Dieiguito, Juanjo (Pablo, min.50), Iván Ponte (Moisés, min.60).
  • CORCOESTO: Anxo, Miguel, Edelmiro, Longo (Pablo, min.80), Sergio, Uru (Luís, min.55), Pablo, Javi, Xabi (Pichuco, min.55), Alberto (Couto, min.70), Martín (Josiño, min.65).
  • Goles: 1-0, min. 25: Iván Ponte tras un rexeite do porteiro a tiro de Dieguito; 2-0, min.34: Dieguito cun tiro que tocou nun defensa; 3-0, min.73: Dieguito de tiro que toca o porteiro, pega no longueiro e entra; 3-1, min.80: Josiño dende fóra da área.

Partido de rivalidade, con un pouco máis de control do Cerqueda, pero que transcorreu con pouco ritmo, moi lento e con poucas ocasións. Comezou o Corcoesto avisando cun balón que sacou un defensa baixo paos tras un remate de Martín a porta baleira.

O Cerqueda moi serio en defensa, con veteranía, pero sen demasiado xogo combinado, aproveitaba un par de erros defensivos para poñerse por diante. Iván Ponte e Dieguito non fallaban aos malos despexes defensivos.

Non se foi do partido o Corcoesto, que loitou o seu e non se deu por vencido ata o final, pero on tivo forzas.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Máis novas

Fonte

Comentarios