Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Baio supera ao Sofán

2ª Autonómica: O Baio supera ao Sofán
O Carral viviu o partidazo da xornada-Foto- SD Sofan Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Xornada intensa esta 16ª con grandes partidos. Como o protagonizado no Carral entre Sofán e Baio que deixa aos baieses 3º, igualados co Cee. Un Cee que vencía pola mínima en Miraflores ante o Volantes, e que segue mellorando o seu xogo. Ambos están a 6 puntos do líder, unha Esteirana que segue espectacular e rompía a imbatibilidade tras 2 anos de Lombáns, non sen sufrimento.

Por abaixo, o Outes afundía ao Dumbría B e deixa ao Cabana só na penúltima posición. Os cabaneses emptaban co Corcubión, que respira cun gol no tempo de desconto. O que segue nunha racha terrible é o Montelouro, que suma xa 8 derrotas consecutivas.

Sofán - Baio (2-3)

  • SOFÁN: Bugy, Lista, Juanjo, Gustavo, Marcos (Jacobo, min.66), Míchel (Pensado, min.80), Eloy Boedo, Iván Rey, Edu (Santi, min.55), Eloy, Abel.
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Chema (Cristian, min.55), Ramón, Mario, Pablo (Eloy II, min.70), Iago, Eloy, Rubio (Jorge, min.80), Martín (Norberto, min.50), MC.
  • Goles: 0-1, min.8: Martín tras un pase atrás de MC; 1-1, min.44: Marcos Pensado de falta tras tocar nun defensa; 1-2, min.60: MC de gran xogada individual; 2-2, min.65: Abel de volea tras un erro defensivo; 2-3, min.85: Cristian a centro de MC.
  • Expulsión: o local Jacobo.

Era o partido da semana e non defraudou. 3º e 4º, 4º e 3º, enfrontábanse no Carral ante máis de 200 espectadores, e a pesar do estado do campo ambos equipos fixeron un partido cheo de intensidade e tensión. Foi o Baio sempre cun pé por diante e o Sofán respostaba a arreóns de vértigo, pero a calidade de MC foi, unha vez máis, determinante, marcando un tanto e dando os outros dous.

Martín abría o marcador tras unha gran xogada de MC, e ao fío do descanso Marcos Pensado igualaba con algo de fortuna. A segunda foi unha lotería e o partido puido caer de ambos bandos. Comezaba de novo co Baio pegando e era MC o que deixaba o seu gol. Pero de contado Abel anulaba a renda. A SD facía do balón parado á súa mellor arma e meteu moitos minutos ao Baio na súa área. Pero pouco a pouco as forzas foron decaendo nos locais e o Baio finiquitou o choque á contra. Primeiro avisaba Eloy pero o balon marchouse lambendo pao, e era o propio Elou o que marcaba o gol da vitoria.

Cabana - Corcubión (1-1)

  • CABANA: Añón, Eloy, Sande, Marcos, David, Eloy, Pazos, Iván de Treos, Rubén Rama, Sandro, Fernando (Diego Varela, min.70), Manolo (Adrián Rama, min.55), Berti (Jose, min.60)
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel, Senra, Lema, Conguito, Alán (Paulo, min.75), Sebas, Edu (Jonnie, min.40), David, Pablo Lestón, Cristian.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván de Treos; 1-1, min.92: Cristian.

Salvou un punto in extremis o Corcubión e sobre todo non permite que o Cabana se colocase a tan só 3 puntos. Foi un choque con dúas partes diferenciadas. Na primeira, os locais dominaron e meteron atrás aos de Manolín. Iván de Treos, recentemente fichado, adiantaba aos locais e o Corcubión foi resarcíndose o dominio e durante os segundos 45 minutos tivo o empate preto. Pero non chegou ata pasados os 90 regulamentarios, cando Cristian, fundamental dende a súa fichaxe, remataba un fantástico centro de Jonnie.

Cómpre destacar que o banco local estaba dirixido maxistralmente onte polo porteiro xuvenil Sergio Aranzubía, ante a sanción do míster Raúl Periscal.

Montelouro - Buño (2-7)

Montelouro-Buño-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Canario, Bolo, Chema, César, Chumy, Fernando (Pepiño, min.46), Denís, Isma (Pedro de García, min.46), Geiko (Raúl, min.30), Pesco, Ancho (José, min.61).
  • BUÑO: Brais, Ángel, Secundino (Alfredo, min.55), Diego, Rubén, Jorge Calvete, Mauri (Emilio, min.61), Dourado, Elías (Gustavo, min.66), Dani Calvete, Gurita.
  • Goles: 0-1, min.8: Elías; 0-2, min.12: Dani Calvete; 0-3, min.18: Dani Calvete; 0-4, min.25: Dani Calvete; 0-5, min.40: Mauri; 0-6, min.55: Diego; 1-6, min.58: Pesco ; 2-6, min.70: Pesco; 2-7, min.74: Dourado.

8ª derrota consecutiva do Montelouro que non levanta cabeza. Pero é que onte se enforntaba a un Buño espectacular, que foi un rodete ofensivamente e xa sentenciara á media hora, cun claro 0-4.

Os espectadores puideron ver fermosos tantos, como unha vaselina de Dani Calvete ou os dous goles de Pesco.

Montelouro-Buño-Foto- Edu Olveira

Carnota - Esteirana (0-2)

Carnota-Esteirana-Foto-Jorge parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Manolo Chouza, David, Boni, Andrés Fandiño (Nakata, min.22), Loló, Pumuky, Pablo Beiro, Manuel Luis, Buonanotte (Martín Piñeiro, min.71).
  • ESTEIRANA: Benito de Pura, Maceiras (Roi, min.60), Simón (Chispi, min.50), Dani Rama, Suizo, Pablo, Uru (Pepiño, min.66), Kike (Picholeiro, min.80), Róber Pladur, Adelino.
  • Goles: 0-1, min.86: Adelino; 0-2, min.91: Róber Pladur.
  • Lesións: o local Andrés Fandiño e o visitante Uru.

Primeiro partido perdido polo Carnota en Lombáns en 22 meses (dende febreiro de 2011) ante unha Esteirana tremendamente eficaz, con grandes individualidades. Foi un partido moi competido que non se decantou ata que faltaban 4 minutos para o final.

E iso que o Carnota chegaba con serias baixas, o que lle obrigou a prantexar o partido dende atrás. E de feito non chegou a gol, pero mantiña ben controladas ás individualidades esteiranas que non podían combinar e superar a defensa dos de Cambeiro.

Non podía a Esteirana romper a barreira defensiva carnotá ata o último suspiro, e Adelino, nun córner, e Pladur cun tiro, deixaban a primeira derrota en case dous anos do Carnota en Lombáns.

Carnota-Esteirana-Foto-Jorge parri

Corme - Muros (3-2)

  • CORME: Javi, Adolfo, Brais, Jesús, Pandi, Dani, Diego, Adrián Doldán (Chino, min.81), Juan Chans, Lucas, Manu (Alejo, min.56).
  • MUROS: Fabio, Teo, Paky, David, Mayuyo, Dani Corniños, Pulpo, Gelo (Gael, min.28), Manu Dosil, Jesús (Javi de Vístete, min.79), Saúl.
  • Goles: 1-0, min.15: Juan Chans; 1-1, min.20: Teo; 2-1, min.30: Brais; 2-2, min.35: Mayuyo; 3-2, min.65: Adrián Doldán.

Gran partido en Corme entre un Corme que non acaba de atopar o xogo do ano pasado e un Muros mellorado. A primeira metade foi con alternativas co Corme poñéndose por diante en dúas ocasións e o Muros respostando a balón parado.

Na segunda Adrián Doldán nunha rápida xogada marcaba o gol da vitoria para uns cormeláns que disfrutaron da volta de Alejo ao terreo de xogo.

Iso si, protestaron os muradáns un gol anulado con 1-1 e que o terceiro vén precedido dun fóra de xogo. Un empate tería sido máis xusto, segundo o míster visitante Manuel Camello.

Zas - Mazaricos (2-1)

Zas-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • ZAS: Elías, César (Martín, min.20), Víctor Vecino, Óliver, Pereiro, Jaime, Rubio, Lagoa (Francés, min.80), Peque, Pastor, Pablo.
  • MAZARICOS: Pejo, Casáis, Rodri, Martín, Matías, Oreiro (Ramón, min.20), Brais, Ricardo, Aldo (Cristian, min.49), José Ángel, Estéfano.
  • Goles: 1-0, min.60: Jaime; 1-1, min.75: José Ángel; 2-1, min.80: Jaime tras un saque de banda.

Prantou cara o Mazaricos a un gran Zas, que tirou da canteira, e do seu novo Jaime para quedar cos 3 puntos. A primeira parte foi moi igualada, sen demasiadas ocasións.

Na segunda Jaime puña por diante aos locais pero José Ángel igualaba. E xa no treito final, Jaime marcaba o segundo, e defintivo que deixa ao Zas a só 5 da 2ª praza.

Castriz - San Lorenzo (2-1)

  • CASTRIZ: Toño, Luis, Bruno, Javito, Prego, Victor, Cilindro (Rubén, min.43), Pepe, David Pose (Sergio, min.88), Sebas (Mata, min.75), Roberto.
  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián, Casillero, David, Anxo, Chucho (Peque m,57), Cachizo, Eloy (Jorge Pichel, min.75), Javi Pensado (Fuentefría, min.65), Carliños (Adonis, min.80).
  • Goles: 1-0, min.70: David Pose; 1-1, min.75: Caliños; 2-1, min.85: David Pose.

Unha recta final fulgurante remataba coa vitoria local nun choque de rivalidade e moi igualado. Parecía que ía rematar en empate pero David Pose, cun doblete deixaba os puntos en San Pedro e deixa tranquilo ao cadro rossonero.

Volantes - Cee (0-1)

Volantes-Cee-Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén, David, Fran do Español, Santi, Mingos, Martín, Adrián (Benja, min.77), Nacho (Juan, min.56), Brais, Pardelo, Chenel.
  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito, Rafa, Berto, Angeliño, Diego (Yaya, min.88), Fer, Nico (Joserra, min.89), Penedo (Isma, min.75), Llanero (Fermín, min.85).
  • Goles: 0-1, min.43: Penedo de cabeza a unha falta de Angeliño.

Volve o Cee a sumar os 3 puntos ao gañar pola mínima ao Volantes. O Cee xa comezaba avisando con tiros de Llanero e Angeliño, pero o Volantes non se amilabava e Chenel e Nacho respostaban con sendas ocasións. Era Llanero, fundamental nesta melloría de xogo do cadro de Floreal e José Carlos, o que superaba a Rubén Santos pero Santi salvaba baixo paos, e despois era Rubén o que lle gañaba a partida no man a man. O gol de Penedo a dous minutos do descanso fixo xustiza aos visto no terreo de xogo cun Cee superior que manexo o partido.

Na segunda seguíu o mesmo guión e o Volantes tardaba en desfacerse do dominio azul. Pero no ecuador comezou a remar e meteu atrás ao Cee, e claras ocasións para empatar, como unha de Chenel que tirou desde a frontal ou un remate dentro da área que ambos os despexa Parroto. Á contra puido sentenciar o Cee pero o remate de Angeliño de cabeza a un centro de Penedo petaba no longueiro.

E na última xogada puido igualar o Volantes: Brais saque unha falta e logo de moitos rexeites na área Berto despexa o balón.

Volantes-Cee-Foto- Gonzalo Sestayo

Outes - Dumbría B (3-1)

  • OUTES: Peipo, Damián (Migui, min.80), Arturo (Lago, min.30), Chúa, Borja, Poke (Martín, min.66), Saúl, Fabio, Quin, Pesco (Elías, min.80), Deivi.
  • DUMBRÍA B: David (Fernando, min.40), Pereira (Martín, min.70), Tati, Cabana, Dito (Kevin, min.45), Toja, Pedrosa, Riki, Jesús, Cacho, Roi (Siaba, min.35)
  • Goles: 1-0, min.30: Chúa; 2-0, min.40: Deivi; 3-0, min.80: Borja de falta directa; 3-1, min.85: Cacho.
  • Expulsión: o dumbriés Cacho, ao remate do partido.

Afunde o Outes ao Dumbría nunha das últimas ocasións do filial para subirse ao carro, pero aínda queda moita liga. Foi unha primeira metade igualdade e o Outes con eficacia, se metía por diante aproveitando as poucas ocasións que tivo.

Na segunda o Outes estivo melor e puido marcar máis pero na meta dumbries, Fernando, que non é porteiro, estivo sensancional. Contra o final o Dumbría B subiu liñas pero un gol de falta de Borja sentenciaba.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Máis novas

Fonte

Comentarios