Ligas Galegas: O Dumbría, por riba do Deportivo


"Vexo ao Dumbría por riba do Deportivo". Esta frase apuntábaa Iván Pita, adestrador do Portuarios da Liga Galega Cadete, tras enfrontarse a dumbrieses e deportivistas, e reflicte moi ben como se atopa o cadro costeiro.
Sobre todo tras uinha semana de doble alegría, na que tanto os infantís coma os cadetes sumaron sendas vitorias no Conco.
E xa podedes ver os calendarios de ambas ligas en www.futboldacosta.com.
Comezo implacable do Bergan
Precisamente o Bergantiños tamén disputa estas dúas Ligas, completando a participación da zona na categoría autonómica. Os carballeses están implacables en cadetes e infantís con 3 vitorias en 3 partidos. En cadetes comparten o liderato co Santiago de Compostela e o Deportivo B.
En infantís, están tamén líderes con Victoria e Conxo.
Liga Galega Cadete
Precisamente os cadetes de Diego Lobelos vencían por un apretado 1-0 ao Portuarios. Tras unha primeira metade de dominio os locais se metían por diante con tanto de Damián. Puido sentenciar o Dumbría co vento a favor e na segunda tivo que sufrir os envites do cadro visitante que varias veces fixo lucirse ao meta local. Dende o banco rival viron un gran Dumbría, por riba de outros equipos como Deportivo e Compostela, e destacou o potencial arriba dos xogadores que volven do Deportivo, en especial o punta Marcote.
Os cadetes métense entre os 6 primeiros, con 7 puntos a só 2 do liderato, e se manteñen invitos tras 3 xornadas.
Liga Galega Infantil
Pola súa banda, os infantís recibían a visita do Viveiro, ao que superaban por un xusto 3-2. Os de Juan Purrúa souberon sufrir para acadar a súa primeira vitoria. Tras poñerse por diante con goles en propia e por medio de David, o Viveiro emataba o partido á volta do descanso. Foi Gonzalo o que á hora de xogo facía o gol da vitoria, pero non sen antes sufrir durante uns longos 20 minutos finais.
Con esta vitoria os dumbrieses colócanse 8º con 5 puntos.

Vindeira xornada, X.4
Liga Galega Cadete:
Villalbés | 06/10- 17:00 | Dumbría |
Bergantiños | -- | Calasanz |
Liga Galega Infantil:
Lugo | 06/10- 12:00 | Dumbría |
Bergantiños | 07/10- 12:00 | Orillamar |
Crónicas das Ligas Galegas
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: Empate a 0.
- 3ª Autonómica: O Indepediente segue imbatido e o Baíñas xa sabe gañar.
- 2ª Autonómica: O Sofan queda só ao acecho de Corme e a escuadra muradá.
- 1ª Autonómica: Só o Malpica volve cos 3 puntos.
- Preferente: Doble e clara vitoria.
- Resultados do fútbol da Costa na última semana de setembro.
Artigos deportivos
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Muchaliga: "Vexo ao Dumbría por riba do Deportivo".