Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: Os 4 equipos se afianzan na parte alta da táboa

Preferente: Os 4 equipos se afianzan na parte alta da táboa
Que positivo é ollar, a xornada 6, aos 4 equipos da nosa bisbarra na parte alta da Preferente Norte. O Santa Comba, malia caer en Dumbría, queda 5º con 11 puntos, mentres que os outros 3 equipos están entre o 8º e o 10º posto, xa no pelotón de arriba. Iso si, cómpre destacar o inicio filgurante da S.D. Compostela, que xa leva 6 vitorias en sendos encontros, cun balance de 13 goles a favor e 2 en contra. Pode que unha das prazas de ascenso xa teñan nome.

Dumbría - Santa Comba (2-1)

  • DUMBRIA: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Suso, Isma, Aarón II, Aarón, Schuster (Tantán, min.75), Iago (Adrián, min.80), Eloy (Jesús, min.70), Cacho (Chula, min.46) e Luisito (Alberto, min.60).
  • SANTA COMBA: Diego, Chinda (Colón, min.55), Amoedo, Ángelo, Gonzalo, Doro, Jota, Toni (Noli, min.55), Julián, David Blanco (José Ángel, min.60) e Pablo Baña (Iván Facal, min.70).
  • Goles: 1-0, min.25: Cacho; 1-1, min.30: Julián, de penalti; 2-1, min.35: Aarón II.
Gran derbi en Dumbría entre o cadro de Canosa e o Santa Comba de Gelucho. Un partido no que o cadro local freou a todo un Santa Comba que comeza o curso moi potente, deixando claro que vai estar arriba buscando sempe o regreso á 3ª División. Pero onte, no Conco, topouse cun moi bo Dumbría, que xa viña facendo grandes encontros neste inicio de campaña, pero ao que lle faltaba algo de sorte. Precisamente a que tivo onte, sobre todo en 10 minutos no ecuador do primeiro tempo onde os erros defensivos foron claves. A primeira parte trasncorreu sen un dominador claro, e con ocasións para ambos conxuntos por medio de Julián e Luisito as máis claras. Cacho adiantou aos locais, Julián, de penalti, empatou, pero de contado Aarón II asinou o 2-1 que xa non se movería do marcador. No segundo periodo o Santa Comba mantivo o control do esférico pero non puido facer dano á seria liña defensiva dos dumbrieses. O propio Julián puido acadar o empate pero o seu centro chut petou no pao da meta fantasticamente defendida por Juan Purrúa.

Ribadeo - Soneira (1-2)

  • SONEIRA: Jose Angel, Fran de Urroa, Modesto, Manuel (Brais, min.60), Víctor Vecino, Santi, Míchel, Víctor García (Pablo, min.65), Vía Rápida (Mayor, min.80), Iago (Ferreiro, min.59) e Jorge Vigo.
  • Goles:1-0, min.15; 1-1, min.30: Iago; 1-2, min.35: Iago.
Sacou petróleo do campo do pechacancelas o Soneira. Os de Manolito chegaban a Ribadeo con gañas de sumar 3 novos puntos, pero se atopou cun conxunto local moi necesitado que comezaba con moita forza. Pronto se puxo por diante o cadro da Mariña, pero 10 minutos de desconcerto á media hora facilitaron as cousas para os soneiráns. Iago facía un rápido doblete que desnortaba aos locais, que xa non puideron enderezar o rumbo do partido. De aí ao final, o Soneira adicouse a controlar e temporizar o partido.

Xallas - Grixoa (1-1)

  • XALLAS: Cheli, Ismael, Becerra, Barreiro, Rubio, Álvaro (Ricardo, min.80), Brais, Rubén Forján (Beiroa, min.55), Alexandre, Prol (Aitor, min.70) e Iván Amor.
  • Goles: 0-1, min.25: tras un córner; 1-1, min.70: Brais de penalti.
  • Expulsión: Becerra contra o final.
A abafante calor que había en Fontenla fixo mella nos xogadores locais, que saíron frouxos no comezo de partido. De feito os visitantes dominaron os primeiros compases de partido, e se puxeron por diante no ecuador do primeiro tempo. Os de Iván Cancela e Santi Casal foron de menos a máis, e pouco a pouco foron facéndose co control do partido, que foi con alternativas e boas ocasións para ambos bandos. Na segunda metade, o cadro xalleiro foi superior e, ademais de empatar por medio de Brais de penalti, puido acabar con 3 puntos no peto de acertaren as súas oportunidades os Beiroa, Iván Amor (cun chut dende lonxe) ou Alexandre (cunha boa internada). Así e todo, 1 punto para que a marea verde siga sumando.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios