Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: Un punto menos para a salvación

Preferente: Un punto menos para a salvación
Un punto máis para o Soneira, e un punto menos para a salvación. E iso que non puido sumar 3 novos puntos o equipo de Manolito, que xa nos ten malacostumados. I é que viistaba o campo lucense do Outeiro de Rei, e tras encarrilar o encontro na primeira metade, cedeu nun segundo tempo moi frouxo. Así e todo, o equipo soneirán segue na metade alta da táboa.

Outeiro de Rei - Soneira (1-1)

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Urroa, Pablo (Vía Rápida, min.87), Javi, Santi, Miguel, Míchel (Kike, min.65), Víctor García (Darío, min,75), Vituco, Mario.
  • Gol: 0-1, min.20: Mario; 1-1, min.70.
  • Expulsión: un xogador local na primeira metade.
Saíu o Soneira mellor colocado, apretando e chegando arriba con Vituco e Mario como estiletes. O propio Mario era o encardago de poñer por diante aos nosos, que se aproveitarían da expulsión dun xogador local antes do descanso. Relaxouse o equipo soneirán que disputou unha mala segunda metade, e non puido aproveitar a superioridade numérica.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios