Venres. 19.04.2024
El tiempo

2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal

2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal
Praza de Ramon Juega Anos 10 nunha foto do Arquivo Vidal Praza de Ramon Juega nos anos 10, nunha foto do Arquivo Vidal-Concello de Laxe Logo Arquivo Fotografico Vidal-Laxe Imaxe oficial do Arquivo Fotográfico Vidal-Concello de LaxeFantástica a aposta do Concello de Laxe pola recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal. A Concellería Delegado de Comercio, Hostalería e Turismo está empeñada en recuperar e poñer en valor o patrimonio fotográfico de José Vidal García, un dos persoeiros máis ilustres da historia de Laxe e da comarca de Bergantiños. E para iso vén de presentar un completísimo programa actividades e actuacións que se van emprender durante o 2018, o que será o #AnoVidal. Un plan que serve ademais para conmemorar o 30 aniversario do seu pasamento. Para o concelleiro Xosé Manuel Pose Lema, este proxecto está sendo moi especial. “Son moito máis que fotos, é pura identidade. É un orgullo, un pracer e unha riqueza poder contar con este arquivo, pois constitúe un ben patrimonial que une aos veciños por riba de calquera barreira idiolóxica, cultural, idiomática ou social”, explica. Son varias as cousas que están en marcha no #AnoVidal:

Declaración BIC

O pasado mes de outubro a Concellería solicitaba a declaración de Ben de Interese Cultural para o Arqueivo Fotográfico Vidal. Un feito que pode significar un gran recoñecemento no eido do patrimonio histórico-cultural e que dende logo sería dun gran impacto mediático e popular. A petición atópase na última fase polo que entre abril e maio o Concello poderá informar da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

Un libro

Así mesmo, o investigador costeiro Xan Fernández Carrera está sendo o encargado de recuperar a vida e obra do fotógrafo no libro “José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”. Un libro que axudará a comprender a relevancia social de Vidal. O libro ten pendente a súa entrada imprenta da Deputación para a súa impresión. Antes do verán será presentado nun acto no revivido Museo do mar de Laxe. Foto dun autobus por Bergantinos-Foto-Vidal Outra foto do Arquivo Vidal - Concello de Laxe

Revindido o Museo do Mar

O Arquivo Vidal servirá para darlle aínda máis vida ao revivido Museo do Mar de Laxe. De feito, o 1º andar do edificio será dedicado exclusivamente á obra do fotógrafo, pois sen esta proposta o Museo non tería entrada na Rede Galega de Museos. A exposición permanente (con visos de ser tamén itinerante) contará cuns equipamentos museísticos de primeira calidade: pantallas tácties, vitrinas de exhibición de cámaras e documentación, bandeirolas informativas, vinilos… E por suposto, 60 cadros con fotos deste arquivo con temática da cultura mariñeirada Costa da Morte.

Reláxese: “Primavera Científica e Cultural”

Ademais, o exitoso proxecto de desestacionalización Reláxese (que este marzo está adicado ao viño), centrará a súa atención sobre Vidal. Así, a “Primavera Cultural e Científica” virá marcada pola fotografía histórica. Construcion do Peirao de Laxe nos anos 40 nunha foto do Arquivo Vidal Construción do Peirao de Laxe nos anos 40 nunha foto do Arquivo Vidal - Concello de Laxe Ogallá puidésemos ver unha aposta así en Muxía co legado de Ramón Caamaño…

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios