A comisión de Festas de Laxe presenta as súas saneadas contas


Non soe ser habitual que unha Comisión de festas dea conta dos movementos económicos das festas parroquiais. I é que como dicía o aínda alcalde de Mazaricos Santos Maneiro no marco da Operación Orquesta, “Como cren que se financias as festas municipais de toda Galicia?”, demostrando que o fraude é unha práctica habitual ao longo do país.
Para contradicir estas verbas, a Comisión de Festas de Laxe convida a todos os veciños a unha reunión o próximo sábado día 31 de xaneiro ás 17:00h no Salón de plenos do Concello, para esclarecer o estado das contas (gastos e ingresos), así como o estado da actual comisión, invitando ademais aos veciños a participar da mesma de cara a este ano.
Un grupo que considera ”imprescindible a maior transparencia posible, xa que as festas foron financiadas en gran parte coa colaboración económica dos veciños, polo que éstes teñen dereito a coñecer cómo se administraron as súas aportacións”.
Despois das festazas do ano pasado, que concluíron co gran Naufraxio, xa saben onde #Haiquestar neste 2015.