Domingo. 16.06.2019
El tiempo

A futura carballeira de Laxe

A futura carballeira de Laxe
A futura carballeira de Laxe non só contará con carballos, senón que terá outras especies autóctonas como o castiñeiro, loureiro, azoutacristos, abeleiras e o acivro. Así o están determiando as xentes da Asociación Ambiental Contramínate, que leva traballando dende o pasado outono no Proxecto Landras, a través do cal están creando, a base de sementar xunto comunidade educativa do CPI Cabo da Area de Laxe, un fermoso bosque autóctono na zona da Insua. Grazas a ANPA, as familias prepararon un terreo e facilitaron o traballo ós máis pequenos, executando unha Unidade Didáctica proposta, que contempla a plantación de árbores para enriquecer o bosque da Insua con plantas autóctonas, entre outras actividades de educación ambiental. Unha acción que busca que a rapazada aprenda a amar e coidar dos bosques da súa contorna, que poderá gozar nun futuro próximo, xa como adolescentes e adultos.

Unha carballeira con historia

Repoboado en 1977 con pino pinaster, o bosque da Ínsua loitou durante anos para sobrevivir en condicións adversas. A plantación fíxose con mimo, colocando cada un dos plantóns nun tubo plástico para protexelos do sal e do vento. Como resultado daquel investimento público e do moito esforzo para consolidar o chan e crear un bosque, propiedade municipal, hoxe gozamos dun lugar de abrigo con vistas abraiantes. Este Proxecto Landras nace do “desexo de enriquecer este piñeiral con exemplares autóctonas”. Para isto, cada [email protected], desde infantil ata secundaria transplantou unha árbore nada nun dos seus viveiros locais, coas sementes recollidas nos bosques do concello. Aproveitaron os claros e o espazo liberado polas torres de alta tensión para os carballos, mentres que ás zonas abrigadas e ó sotobosque, reserváronse os acivros. Cada árbore quedou sinalizada cunha estaca onde figura o nome da persoa que o plantou. En total levan plantados uns 350 exemplares. Este mércores remata a plantación: queda agardar á primavera para que cada [email protected] visite á súa árbore e vexa rexurdir a plantación dun bosque que xa é noso”, sinalan dende Contramínate.

Novas relacionadas

Fonte

  • Contramínate.

Comentarios