Mobilización en Laxe para recuperar o servizo de pediatría diario


Esta pasada tarde de mércores 9 de novembro, os pais e as nais do concello de Laxe reuníanse nun Salon de Actos municipal casi o completo, para informarse da situación que existe cos novos horarios na consulta de pediatría.
Nunha primeira reunion, que tivo lugar o pasado domingo na aula do mar unha vintena de interesados tomaron a iniciativa e acordaron que o primer paso a tomar era falar directamente co Pediatra en cuestion, para aclarar o motivo detras dos cambios nos horarios da consulta. Cómpre lembrar que ata agora Laxe, igual que Cabana de Bergantiños, gozaban dunha atención de pediatría diaria e esto vese cambiado a simplemente 2 días semanais en Laxe e 3 días en Cabana.
A portavoz, Ana María Martínez, explicou na reunión da pasada tarde que o Pediatra Ángel Varela Iglesias explicara que a él as autoridades correspondientes déranlle a opción de continuar cos horarios antigos ou cambiar a estes 2 días completos en Laxe e 3 en Cabana. Segundo o Pediatra as horas de atención ó público eran as mesmas pero repartidas dun xeito diferente.
Un escrito ás administracións
Dado o malestar que este cambio genera entre as familias do Concello, na reunión de onte acordouse enviar un escrito explicando a postura que manteñen as familias do pobo tanto á Consellería de Sanidade, á Xerencia de Atención Primaria e igualmente á Dirección Xeral.
Entre todos presentes decidiuse que os escritos enviaríanse o venres desta semana, acompañados por diversas firmas de todas as familias afectadas por dito problema.
Buscan tamén apoio no Concello de Cabana de Bergantiños xa que alí a situación é semellante.
Unha manifestación
Igualmente, nesta reunión acordouse manifestarse o próximo martes, 15 de novembro, ás 11:00 horas na porta do Centro de Saúde de Laxe. Os pais e as nais presentes comprometéronse a acudir a esta manifestación e preparar pancartas para poder así chamar máis atención a este problema que consideran moi grave e moi importante polo benestar dos máis pequen@s.
Carta ás administracións
En representación de pais e nais do concello de Laxe diríxome a vostede en calidade de conselleira de sanidade polo seguinte motivo:
Pais e nais do concello de Laxe vémonos afectados por un grave problema, debido o novo horario de pediatría. Dado que dende o vindeiro martes día 2 de novembro vimos reducido o horario de dita consulta, que de ter pediatra todos os días da semana pasamos a telo solo 2 días á semana, cousa que non vemos normal. Como tampouco vemos normal que para pasar a revisión dos nosos fillos teñamos que perder toda a maña no centro de saúde, xa que agora nos vemos na obriga de pedir dúas citas tendo así que acudir primeiro ó practicante para que os pese e os mida, e despois ir ó pediatra para que lle faga a correspondente revisión. Por todo iso solicitamos que o doutor don Angel Varela Iglesias acuda á consulta como mínimo de dúas a tres horas todos os días da semana. Xa non pedimos que sexa en xornada completa xa que entendemos que compartimos pediatra co municipio de Cabana, e esta sería a mellor solución para todos, dado que neste municipio hai uns 315 nenos menores de 15 anos.
Por iso pedimos a súa colaboración pois dado que o centro de saúde onde nos teríamos que desprazar os restantes días da semana encóntrase aproximadamente a 7 kilometros do noso municipio supoñendo así certos inconvintes pa moitos pais e nais deste municipio, dado que non todo mundo dispón de coche pa desprazarse e o servizo de transporte público é moi escaso neste pobo, e tendo que perder así mesmo país e nais mais tempo das súas xornadas laborais e os menores mais horas de clase.Por iso lle enviamos este escrito xa que cremos que é a solución máis axeitada pa saúde e benestar dos nosos fillos.Por último, recordarlle que nos gustaría contar coa súa colaboración como conselleira de sanidade para poder resolver na maior brevidade posible un problema que nos afecta a tódolos pais e nais deste municipio. Así mesmo aportámoslle diversas firmas de pais, nais e veciños afectados por dito problema.
Moitas grazas pola súa colaboración. Reciba un cordial saúdo, atentamente:
- Asdo: Dª Ana María Martinez Lema.
Novas relacionadas
- Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso.
- Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte.
- Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa.
- Un curso sen actividades extraescolares.
- A gardería, un servizo pritoritario ou non.
- As escolas seguen protestando polos recortes.
- Unha de queixas escolares.
Fonte
- Información da man de Elisa Cundíns Suárez, Nai e veciña de Laxe.