![A Torre de Laxe abre as suas portas para a tua boda]()
A Torre de Laxe abre as súas portas
![ShowroomA Torre de Laxe22.04.18 1]()
Un dos lugares máis exquisitos para celebrar eventos abre as suas portas.
A Torre de Laxe, o lugar escollido por ducias de casadeiros para celebrar o seu enlace, vai celebrar un Showroom o vindeiro domingo 22 de abril. Un día para coñecer as súas instalacións e imaxinar como pode ser un dos mellores días da túa vida.
O complexo turístico componse dun hotel Rústico, varias casas rurais, apartamentos e un gran salón onde se celebran vodas e eventos. Todo nunha gran finca de 13.000m2 donde ademais das mellores vistas da ría de Corme e Laxe, se pode disfrutar dunha magnífica piscina, un minigolf, mesas de ping pong...
Sen dúbida, dous dos seus grandes reclamos, os que sempre destacan os comensais, son
as súas vistas e ese inmaculado xardín.
Un establecimento con historia, inaugurado en 2010 tras varios anos de obras, xa que o pazo estaba en estado de abandon A partir do ano 2013 empezouse coa celebración de eventos, sendo a día de hoxe
un lugar de referencia para celebración de vodas na comarca de Bergantiños e na Costa da Morte.
![As vistas un dos reclamos da Torre de Laxe]()
As vistas, un dos reclamos da Torre de Laxe
Fonte