A Xunta asegura que vai asumir a solución aos problemas das terrazas de Laxe


Parece que foi produtiva a reunión mantida coa Xunta que provocaba a suspensión da manifestación convocada en Laxe. Hostaleiros laxeiros convocaran unha concentración en protesta polas trabas burocráticas sobre a instalación e mantemento das terrazas e as posibles sancións pola súa instalación irregular..
Pero esta fin de semana o ortavoz do grupo municipal do Partido Popular de Laxe, José Luís Pérez Añón, mantivo unha reunión co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. A Xunta debe saber que o Concello de Laxe pedirá a cesión do tramo urbano da estrada AC-429, de titularidade autonómica, desde a rotonda de Fenllido ata a praza Ramón Juega, tendo que acondicionar o tramo previamente o ente autonómico, adaptando os pasos de peóns ás persoas con mobilidade reducida, ademais de dotalo da sinalización horizontal e vertical luminosa, e establecendo un menor límite de velocidade.
A moción reclama tamén que se realice a separación do seneamiento do novo colector exclusivo para augas pluviais, completando así a rede separativa existente na actualidade na rúa Rosalía de Castro. Pero a Xunta pediulle ao Concello que retire ese punto porque vai ser imposible de asumir, e retratasía o resto de petición. Pero en todo caso, o responsable da Xunta confirmou a vontade para solventar o asunto.
Houbo outros dous proxectos que quixo destacar a Xunta, como a construción dunha senda peonil ata o polideportivo, e o estudo do proxecto para levar a cabo a construción das beirarrúas na praia de Soesto.
Novas relacionadas- 26-10-17: Laxe suspende a concentración polas terrazas á espera da reunión entre o alcalde e o xefe do servizo provincial.
- 25-10-17: Laxe concéntrase polas trabas burocráticas sobre a instalación e mantemento das terrazas
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)