Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ambrosio Oróns presentouse como novo candidato do PP de Laxe

Ambrosio Oróns presentouse como novo candidato do PP de Laxe
Ambrosio Oróns con Carlos Negreira e Álvarez Campana
Continúan as novidades nos grupos políticos da zona. O pasado venres o que se presentaba en socidedade era Ambrosio Oróns, como candidato polo PP de Laxe. No acto de presentación celebrado o pasado venres estiveron apoiando ao novo candidato o presidente provincial, Carlos Negreira, p secretario provincial, Diego Calvo e o secretario de organización, Manuel Álvarez - Campana. Todos coincidiron en destacar "o seu compañeirismo e a súa proximidade". Oróns destaca pola súa mocidade (ten 36 anos) e a ampla experiencia ligada ao ensino e ao deporte. Pero a súa prioridade será o fomento do emprego, especialmente entre os mozos.

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Laxe.

Comentarios