Arqueoloxía, ecoloxía e arquitectura protagonistas do último trimestre do Reláxese
Xa está en marcha o programa de actividades de desestacionalización do turismo “Reláxese" para este derradeiro trimestre de 2017. Outubro, novembro e decembro estarán adicados á arqueoloxía, ecoloxía e á arquitectura. Un completo programa municipal, desenvolto a través da recuperación do Museo do Mar de Laxe e co apoio da Deputación, cheo de actividades ao longo de 9 meses do ano para servir de foco de atracción de visitantes.
Outubro Arqueolóxico
O venres 13 de outubro arrincará o Mes do Turismo Arqueolóxico en Laxe, coa presentación de actividades e o concerto do grupo OÏMA.
As citas máis interesantes serán o dous últimos sábados do mes. O 21, Xosé María Lema Suárez realizará unha conferencia sobre os Penedos de Traba e Pasarela. Precisamente serán os Penedos o destino da ruta guiada por Manuel Rial, guía vimiiancés experto en Patrimonio, que se desenvolverá na mañá do sábado 28. Ese mesmo sábado, a arqueóloca Carmen Álvarez falará do Castro de Castrelo.
Novembro Ecolóxico
O proxecto “Landras”, que persegue unha mellora ambiental dos nosos bosques será presentado aos alumnos do CPI Cabo da Area durante a primeira semana.
Xa en sesións abertas, teremos un taller de cociña ecolóxica, e tres conferencias: unha sobre biodiversidade mariña como recurso turístico; ourta sobre reciclaxe na hostalería e outra sobre o cogomelo da praia de Soesto.
Ademais, o mes contará coa II Ruta dos Pinchos de Outono durante a fin de semana do 28 e 19 de novembro, e o Mercado Ecolóxico nas mañás dos sábados no mercado municipal.
Decembro Arquitectónico
3 conferencias e unha saída son as citas do mes decembro no programa laxense. A ruta será guiada por Lema Suárez o sábado 9, para visitar o Patrimonio Civil e relixioso da capital municipal.
A primeira conferencia será máis ben unha mesa redonda sobre accesibilidade, e despois falarase sobre o gótico mariñeiro e sobre o Muíño do Vento de Laxe.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).