Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aulas Costa da Morte: Da universidade á periferia

Aulas Costa da Morte: Da universidade á periferia

Sustentabilidade foi unha das palabras máis manidas esta fin de semana na Costa. E todo gracias ao foro de coñecemento “V Aulas na Costa da Morte - Xornadas sobre Sustentabilidade e Desenvolvemento Local”, que trata de achegar o saber dos centros universitarios ás zonas periféricas.
Un saber que ten que chegar á veciñanza, pero o que é se cadra máis importante, aos nosos dirixentes, por norma demasiado apegados ás problemáticas do día a día, e que nestes foros poden para a pensar sobre a súa conciencia social e medioambiental.

Esta pasada fin de semana, expertos de todo o país achegáronse ata a Costa da Morte. Trala presentación nas Torres do Allo de Zas, a xornada do sábado en Laxe foi completa. Cun salón a reventar (chegou ata un bus de universitarios da Universidade da Coruña que aproveitaron para visitar o Centro Íntegro) numerosas personalidades puxeron a Costa no epicentro do desenvolvemento sostible. Iso si, botouse en falta a participación da mocidade da zona.
Aí podemos apuntar xentes como os 3 rectores das universidades galegas, os mestres da USC Ricardo García Mira, Ramón Maiz Suárez, José Leira, Xosé Luis Barreiro Rivas; Xosé María Lema Suárez, presidente da SEMESCOM; Adina Dumitru, Psicóloga Social. Universidade de Timisoara), Rosa Sánchez, Agente de Desarrollo Local do Concello de Vimianzo; ou Xavier Alcalá Navarro, Director da Oficina de Proxectos internacionais de Investigación da Xunta de Galicia.

Temas como a investigación e innovación, a "Sustentabilidade da vida cotiá” ou a "sustentabilidade científica e económica no contexto europeo” foron os máis debatidos. Quedou patente a necesidade de investir en I+D, en facer futuro ante a crise presente, pero sempre dende a perspectiva do equilibrio medioambiental. Ademais, este foro sitúanos no parorama do investimento, pois aquí estiveron as persoas que andan nos asuntos da investigación en termos reais: ou sexa, de onde saen os cartos para seguirmos "pedaleando". A Unión Europea preséntase clave para todo o relacionado con investimento en desenvolvemento.

Ricardo García Mira, explicou o programa de redución de CO2 no que está traballando desde a Universidade. Pola súa banda, a interveción de Rosa Sánchez tivo unha perspectiva de Axente de Desenvolvemento Local, é dicir, desde o territorio e desde a operatividade do día a día, e foi enfocada cara a necesidade de artellar a sociedade para que participe dunha maneira efectiva nas decisións que se toman sobre o espacio que habita. Rosa comezou lembrando o "Informe Brundtland", que é o primeiro no que oficialmente se acuña a expresión "desenvolvemento sostible", e tras repasar brevemente a situación global que vivimos, pasou á necesidade de "pensar global, e actuar local".
Non esqueceu Rosa os exemplos locais de artellamento da sociedade e de sintonía entre administración local e empresariado, como o papel que xoga na comarca a APTCM.

Outra das intervencións máis interesantes, como non, foi dun dos persoeiros máis influintes da nosa zona, o Presdeinte da SEMESCOM, Xosé María Lema Suárez. Empezou a súa intervención cun mapa mundi, preguntándose "Credes que estamos na periferia?, se estamos no medio do Atlántico?". E dende aí explicou os puntos fortes do noso patrimonio cultural, da lingua: megalitismo, Camiño de Santiago, Fisterra, Bergantiños. Lema Suárez explicou outros modelos de explotación dos recursos nos Finisterres Europeos, ofrecendo unha ponencia didáctica para tomar conciencia da riqueza que posuimos na Costa da Morte, dos erros que estamos comentendo e das posibilidades de aprender de outros.

Ademais, e como nos apunta o mesmo Xavier Alcalá, tamén cómpre sinalar os asuntos da "cara B" destes foros: "o networking que se fai fórá dos lugares de encontro oficial". Tan importantes ou máis que as propias charlas, e que agardamos que os nosos representantes aproveitaran para involucrar no desenvolvemeto da zona ás persoas influíntes do país.

Podedes repasar o acontecido, gracias á retransmisión en directo por parte de Afiprodel, a través do hastagh #sustentabilidade, que dá boa conta do sentido destas Aulas Costa da Morte.

Programa para o Venres 9 Decembro no Salón de plenos do Concello de Carnota

Non quedan aquí as Aulas pois esta vindeira semana hai cita en Carnota.

  • 18:00h: Saúdo do Alcalde / Presidenta de AFIPRODEL.
  • 18:30h: Sustentabilidade Social: Ciencia, cultura e desenvolvemento". Con Dolores Pena Pena, Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Carnota. José Antonio Díaz Fernández, Director da Área Económica e Planificación Estratéxica do IGETI (Instituto Galego de Estudios do Transporte e as Infraestructuras). Serafín Mercado Domenech, Catedrático da Universidad Nacional Autónoma de Mexico. Alejandra Terán, Profesora e investigadora da Universidade Nacional Autónoma de Mexico. Coordenador: Ernesto Sánchez Pombo, Periodista.
  • 19:30h Debate.
  • 20:00h: Clausura: Intervencións do Presidente de FECOM, José Gabín, do Presidente de NERIA, Ramón Vigo, da Presidenta de AFIPRODEL, Dolores Pena, e do Director do Ciclo, Ricardo García Mira.

Novas relacionadas

Vídeos de natureza

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

Comentarios