Luns. 01.03.2021
El tiempo

O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros

Imaxe dos Penedos de Traba e Pasarela
O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros

Foi en 2016 cando o Concello e as entidades sociais se unían para Declarar Laxe como Concello libre de Eólicos. O soño remataba en 2019 coa instalación do PE Pena Catasol, pero a semente segue prendida. E de feito, coñecemos os novos proxectos eólicos que ameazan a paisaxe laxense gracias ás entidades sociais.

Despois das alegacións presentadas por Adiante Vimianzo e o BNG, das denuncias públicas do xentes como Xan Fernández Carrera, continúan chegando o regueiro de accións para salvar os Penedos da invasión dos eólicos dos proxectos Monte Chan e Pena dos Mouros.

Hoxe, o BNG laxense informa de que ten presentado unha moción para que o pleno rexeite a instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba; para que o pleno amosa a defensa da integridade paisaxística da Área; así como que solicite aos técnicos municipais a elaboración de informes neste sentido. En defintiva, a moción solicita que o pleno informe negativamente, dentro do trámite actuacións previas ao estudo de impacto ambiental como administración pública afectada.

Para o edil Xosé Manuel Pose Lema, “a instalación de parques eólicos na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba suporía un dano IRREPARABLE para esta Paisaxe Protexida, canto máis a ubicación dos 3 aeroxeradores moi preto da Cachucha (1) e tamén da Torre da Moa (2), tal e como se indica na memoria presentada pola empresa EDP Renovables”.

Pero vai máis alá o BNG de Laxe. “Danse moitas máis vulneracións graves en ámbolos dous parques:

  • O Parque de Pena dos Mouros vulnera de xeito “flagrante” a Directiva Europea 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, con “impacto ambiental severo” en canto a “afección aos recursos hídricos”, xa que se sitúa “na confluencia de tres concas: as concas costeiras (verten directamente ao mar) de Costa da Morte e Río de Traba; e unha interior, a do Río Grande. Na Enseada de Sabadelle concorren tres regos principais: o de Albariza, da Señora e de Sabadelle; mentres que o rego de Camelle faino na enseada do mesmo nome”.
    Denuncia ademais a “Afección paisaxística severa”, pois a torre metereolóxica sitúase a só 630m da ZEC Costa da Morte e da ZEPA Costa da Morte Norte, e o aeroxerador máis próximo é o PDM-03 e sitúase a 890m. Ademais, o aerexenador PDM-07 atópase a 975m dos Penedos.
    Denuncian a Afección severa á Rede Natura e ás varias catalogacións proteccionistas, así como a ”afección severa a Humidais”, como as turbeiras altas de Pena Tellada ou o Relanzo; as marismas Camelle; ou os esteiros de Os Muíños.
  • O Parque Monte Chan tamén vilnera a Directiva Europea, cunha directa afección ambiental e paisaxística severa aos Penedos. Explicn que o seu ámbito de implantación “englóbase na súa práctica totalidade nas unidades de paisaxe delimitadas no Plan de ordenación do litoral (POL) denominadas “Traba”, “ Val de Soesto” e “Os Penedos de Pasarela” (que ten moi preto, a penas 90m os dous aereoxeneradores máis ao sur do parque.
    Denuncia que este Parque tamén trae afección directa á Rede Natura, ás diferentes Áreas de Interee Ambiental, á Paisaxe e aos humidais, como de Coto da Mina e Os Muíños.
    Lembra ademais o plan de conservación do chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus L.), e da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher).
    E mesmo argumenta que “o Plan de xestión do lobo en Galicia” sinala Vimianzo como “zona 1, prioritaria á hora de aplicar e fomentar as medidas de prevención dos danos producidos polo lobo”; e Laxe como “Zona 3, onde non se autorizarán controis salvo casos excepcionais que terán que estar especialmente xustificados”.

Novas relacionadas

Novas sobre Os Penedos

comentarios