Venres. 29.03.2024
El tiempo

Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos

Penedos de Traba e Pasarela
Penedos de Traba e Pasarela
Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos

Repasabamos o luns o posible impacto dos parque eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros. E facíamos fincapé en que o de Monte Chan ía afectar directamente aos Penedos de Traba e Pasarela.

Un espazo que xa fora salvado pola sociedade civil hai 20 anos, cando a ameaza dunha canteira sacou ás xentes á rúa. Que 10 anos despois a Xunta os calificaba como Paisaxe Protexida, malia que non fixo absolutamente nada en outros 10 anos. Agora, no canto de poñer a andar o plan, como prometera en 2018, aproba un proxecto eólico.

Mocións de Adiante Vimianzo

Rapidamente, os grupos de Adiante Vimianzo e BNG veñen de presentar sendas mocións para que, segundo o primeiro, o pleno “rexeite a instalación do parque”, para “defender a integridade paisaxística dos Penedos de Pasarela e Traba e esixir o cumprimento do Decreto 294/2008, de 11 de decembro”, para “solicitar aos técnicos municipais a elaboración de informes neste sentido”, e para “informar negativamente, dentro do trámite de actuacións previas ao estudo do impacto ambiental como administración pública afectada, por todo o antedito, á instalación do Parque Eólico Monte Chan”.

Mocións do BNG de Laxe, Camariñas e Vimianzo

Os grupos do BNG dos 3 concellos afectados polos dous Proxectos de Greenalia. Piden ”informes sectoriais á altura do que os ditos proxectos demandan”, tendo en conta ”todos aqueles aspectos do patrimonio cultural, natural e da paisaxe que se poderían ver afectados ante tal actividade, entre os que destacarían as afeccións directas sobre os Penedos de Pasarela e Traba e os impactos visuais que se producirían na paisaxe desde a Torre da Moa e as praias de Camelle e Traba”.

Ademais, animan á “mobilización cidadá” e afirman que están a presentar alegacións na Consellería, e que dispoñen dun modelo de alegacións a disposición de quen o precise.

Petición de sinaturas

Alcanzando xa as 5.000 sinaturas se atopa a petición en change.or de Salvemos os Penedos de Traba e Pasarela. &Nbsp;

Novas relacionadas

Novas sobre os eólicos

Comentarios