Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un valado sen licenza pon o Campo do Escaravello de novo no centro da escena política de Laxe

Campo Escalarvello laxe
Valado instalado, sen licenza, polos propietarios do Campo do Escaravello
Un valado sen licenza pon o Campo do Escaravello de novo no centro da escena política de Laxe

Preguntaba o BNG no último pleno polo Campo de Escaravello. Non só pola situación deste espazo privilexiado, en primeira liña de costa, esquecido e abandonado. Senón tamén porque por primeira vez na historia do eterno litixio que mantén o concello coa parte propietaria, “ésta permítese o luxo de pechar cun valado de arame a parte que dí que lles corresponde coa gravidade de facelo sen licenza municipal”, denuncia Xosé Manuel Pose Lema.

Pose Lema preguntou tamén pola limpeza de biomasa que ían realizar segundo o prometido no anterior pleno, e pediu que se convoque unha reunión veciñal para analizar con toda a veciñanza a situación real na que se atopa o campo, así como solicitou que o Concello comece a reversión a público do espazo, porque considera que "o Concello ten os recursos para conseguilo".

 

O Concello tramita a recuperación de parte do terreo

Recollendo o relevo, o Concello de Laxe vén de anunciar que concede 15 días de audiencia ás persoas propietarias dunha parte do terreo coñecido como Campo do Escaravello para que presenten toda a documentación pertinente en relación ao valado acometido, parte sobre territorio municipal. O Concello confirma que non hai licenza para poñelo polo que pide explicacións.

Campo Escaravello valado

Comentarios