Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ciencia, industria, fotografía, gastronomía, xeoloxía para a Primavera Laxeira

Ciencia, industria, fotografía, gastronomía, xeoloxía para a Primavera Laxeira
cartel primavera reLAXEse 2018 copia Segue en marcha o proxecto de desestacionalización turística do Concello de Laxe ReLáxese 2018”. Un proxecto perfectamente compatible coa campaña Con X de Peixe, que pretenden convertir Laxe nun centro de visita, non só estival. Baixo o título “Primavera científica e cultural”, a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades para os meses de abril, maio e xuño, que encherán de vida o Museo do Mar. Museos, actividades de investigación e interpretación, visitas de turismo industrial ou en contacto cos espazos xeolóxicos ou naturais. Serán os principais atributos que poña en valor o Concello de Laxe este trimestre, sendo protagonistas o propio Museo do Mar, a extinta mina de caolín, e a Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba. Xa fumos repasando toda a semana cada proxecto pormenorizado, e aquí o resumimos ao completo.

Cultura culinaria: Con X de Peixe

Inmersos, do 9 ó 15 de abril, están os hostaleiros do Concello de Laxe, coas primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”. O primeiro paso desta campaña que pretende facer do “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poden degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería - Degustación O Ben Me Sabe, Taberna - Restaurante O Bocho, Café - Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich. Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio. Unha das delicias que se poden disfrutar no Restaurante Ancora de Laxe durante as Xornadas Con X de Peixe Unha das delicias que se poden disfrutar no Restaurante Ancora de Laxe durante as Xornadas Con X de Peixe

Turismo xeolóxico

Xa repasamos tamén do impulso ao Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela. Unha mesa redonda o venres 1 de xuño, será un paso importante para conseguir recuperar esta Paisaxe Protexida máis alá das catalogacións.

Turismo industrial, a mina de caolín

Unha asinado o convenio coa Cámara Mineira para posta en valor do legado mineiro de Laxe, O venres 15 de xuño, ás 8 da tarde haberá unha interesantísima mesa redonda co título “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”. Ó día seguinte, sábado 16, ás 10 da mañá, está prevista unha excursión ós vestixios da mina de caolín de Laxe. A

Turismo cultural

O turismo cultural é unha modalidade de turismo que resalta aspectos culturais dun determinado destino, incluída obviamente a cultura culinaria local. O Fondo Fotográfico Vidal, a difusión e posta en valor dos peixes con X, e a música, son os principais atributos nos que se focaliza a programación cultural deste trimestre. Ademais, “Os sons do Museo “ traerá varias noites de Jazz no Museo do Mar. Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas. Onte comezaba o programa con Valentín Caamaño Trío (Jazz Galego), pero a cousa continúa con outros 4 concertos ata o 22 de xuño.

Historia da fotografía: O Fondo Fotográfico Vidal

O 2018 é o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal. E entre o programa xa hai previstas sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente.

Máis novas laxeiras

Fonte

Comentarios