Ciencia, industria, fotografía, gastronomía, xeoloxía para a Primavera Laxeira

08:22 14/04/18

Cultura culinaria: Con X de Peixe
Inmersos, do 9 ó 15 de abril, están os hostaleiros do Concello de Laxe, coas primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”. O primeiro paso desta campaña que pretende facer do “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poden degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería - Degustación O Ben Me Sabe, Taberna - Restaurante O Bocho, Café - Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich. Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio.
Turismo xeolóxico
Xa repasamos tamén do impulso ao Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela. Unha mesa redonda o venres 1 de xuño, será un paso importante para conseguir recuperar esta Paisaxe Protexida máis alá das catalogacións.Turismo industrial, a mina de caolín
Unha asinado o convenio coa Cámara Mineira para posta en valor do legado mineiro de Laxe, O venres 15 de xuño, ás 8 da tarde haberá unha interesantísima mesa redonda co título “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”. Ó día seguinte, sábado 16, ás 10 da mañá, está prevista unha excursión ós vestixios da mina de caolín de Laxe. ATurismo cultural
O turismo cultural é unha modalidade de turismo que resalta aspectos culturais dun determinado destino, incluída obviamente a cultura culinaria local. O Fondo Fotográfico Vidal, a difusión e posta en valor dos peixes con X, e a música, son os principais atributos nos que se focaliza a programación cultural deste trimestre. Ademais, “Os sons do Museo “ traerá varias noites de Jazz no Museo do Mar. Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas. Onte comezaba o programa con Valentín Caamaño Trío (Jazz Galego), pero a cousa continúa con outros 4 concertos ata o 22 de xuño.Historia da fotografía: O Fondo Fotográfico Vidal
O 2018 é o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal. E entre o programa xa hai previstas sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente.Máis novas laxeiras
- “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe.
- Laxe tamén aposta polo turismo industrial recuperando a historia dos seus Kaolines.
- Laxe impulsa o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- O jazz volve a Laxe.
- A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).